Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo destaca a boa acollida en Vilasantar entre os 55 alumnos participantes no programa de distribución de leite e froitas nas escolas no curso 25/26 para fomentar hábitos saudables
Esta liña de subvencións da Consellería do Medio Rural, en concorrencia non competitiva, contou este curso cun orzamento superior ao millón de euros para toda Galicia
A Xunta reforza a oferta de FP nas catro provincias, e sitúa a Galicia á vangarda de España en especialización, flexibilidade e a internacionalización
Román Rodríguez destaca o “impulso cualitativo” ao servizo da calidade na FP con 50.244 prazas de novo ingreso distribuídas en 1.945 grupos de clase
A Xunta impulsa con 1 M€ á unidade mixta entre o CiMUS e SunRock Biopharma que acelerará novos medicamentos biolóxicos en oncoloxía ou inflamación
Permitirá realizar en Galicia todas as etapas do proceso preclínico para a obtención de novas terapias, acortando os tempos para chegar ao paciente
Un cento de alumnos e docentes crean por primeira vez unha peza escénica orixinal na IV Edición de ‘Sinerxías artísticas’
A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, felicita ao alumnado polo seu traballo colaborativo nesta proposta artística conxunta única e innovadora
A Xunta amplía as funcionalidades da ferramenta de IA que reforza a orientación na Formación Profesional
A directora xeral de FP participa na inauguración das III Xornadas de Información e Orientación Profesional 2026 dirixidas ao profesorado destas ensinanzas
O Goberno do Estado obriga á Xunta a abandonar o programa de auxiliares de conversa o vindeiro curso
A Xunta comunica na Conferencia Sectorial de Educación esta decisión, logo de que o Ministerio recoñecera esta semana por escrito que as inspeccións poden seguir
A Xunta salienta o compromiso coa doazón e cos transplantes dos máis de 6.000 participantes de todas as edicións dos concursos de carteis e curtametraxes da Axencia Galega de Doazón Órganos e Sangue
O acto celebrouse coincidindo coa conmemoración do Día Nacional do Doante de Órganos e Tecidos, dedicado ao papel dos hospitais nos transplantes
Tres empresas optan a acometer o cambio de cuberta do Colexio Virxe do Portal de Sobrado
O conselleiro Román Rodríguez destaca no Parlamento que a Xunta inviste máis de 181.000 € para mellorar a eficiencia enerxética e condicións deste centro
Galicia e Norte de Portugal reforzan a Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza a través do proxecto MAISRIS3T
A directora da Axencia Galega de Innovación participa na presentación desta iniciativa financiada a través do programa europeo Interreg Poctep
A Xunta impulsa a investigación de excelencia co novo instituto iTERRA no Campus Terra de Lugo
O centro reforza o papel de Galicia como referente en I+D+i en saúde global e sustentabilidade con impacto real na contorna