Actualidade
Buscador de novas
Profesores de centros de FP de Barcelona, Alicante e Milán coñecen os proxectos punteiros do Eduardo Barreiros
A directora xeral de FP Eugenia Pérez, acompáñaos no seu percorrido polo centro, no marco dun programa de observación laboral entre docentes
Román Rodríguez insta ao Goberno central a solucionar as discrepancias entre ministerios que poñen en risco o programa de auxiliares de conversa
Remite unha carta á ministra de Educación na que lamenta que non estea a defender unha iniciativa que tan bos resultados deu nos últimos anos
As obras de mellora do CIFP Manuel Antonio, cun investimento de 1,5 M€, xa están executadas ao 75%
Terceira reunión da comisión de seguimento dos traballos, onde se informa do calendario e reafírmase que a intervención cumpre todas as normas de seguridade
A Xunta apoia con 1,6 M€ a empresa maquinaria agrícola Cancela para poñer en marcha un proxecto que contribúe á descarbonización do sector forestal
A iniciativa, beneficiaria do programa Misións RIS3 e composta por un consorcio de catro empresas galegas, desenvolve unha plataforma robotizada baseada en hidróxeno verde para realizar operacións de trituración e mantemento forestal
A Xunta convoca a I Liga escolar de debate para mellorar a oratoria e as competencias lingüísticas do alumnado
Esta nova acción, concibida como un foro de discusión e diálogo, enmárcase dentro do abano de iniciativas impulsadas polo Goberno galego para o reforzo da lectura
A Xunta adxudica por 17,7 M€ as obras de construción do novo Instituto Domingo Villar, en Vigo
Trátase do primeiro instituto de Galicia deseñado seguindo os parámetros académicos, tecnolóxicos e de sostibilidade recollidos no Plan de nova arquitectura pedagóxica e terá capacidade para 700 alumnos
Galicia acada 476 M€ en proxectos de compra pública de innovación, situándose pioneira e líder en España
A Xunta participa no VII Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta en Granada, un encontro que reúne a preto de 700 expertos
A Xunta subliña o papel do Centro Integrado de FP Compostela no impulso das ensinanzas de hostalaría
A directora xeral de FP participa nos actos do 50 aniversario da X promoción de Cociña, servizos e rexiduría de pisos da antiga Escola de Hostalaría de Lamas de Abade
Galicia consolídase como a comunidade con maior nivel de inglés de España cun dominio alto
O informe anual de Education First sitúanos líderes por segundo ano consecutivo, con 563 puntos, 23 máis que a media de España e 73 máis que a global
A Xunta celebra os 50 anos do Instituto Universidade Laboral de Ourense como referente na Formación Profesional
A directora xeral de FP e o delegado territorial da Xunta en Ourense clausuran o programa conmemorativo polo medio século de historia do centro