Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.682 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

26/09/2025 | 14:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia comparte con Cataluña o seu sistema de I+D+i e as políticas públicas postas en marcha con éxito

Os conselleiros de Ciencia e Universidades de ambas comunidades manteñen unha xornada de traballo para avaliar estratexias e capacidades entre ambos territorios

25/09/2025 | 14:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sitúa a inclusión educativa como prioridade número un das políticas da Xunta

No balance do curso de formación do profesorado en TDAH, agradece o labor da Fundación María José Jove e INGADA en prol da igualdade de oportunidades

25/09/2025 | 12:02 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Economía e Industria; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O nodo Conectivi.gal define tres grandes áreas de actuación para adaptar as tecnoloxías de telecomunicacións sen fíos ás necesidades específicas de Galicia

Os grupos de traballo centraranse na capacitación e retención de talento, na dinamización do sector privado e na mellora da conectividade nas administracións públicas

25/09/2025 | 11:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste máis de 28 M€ en obras para mellorar os centros integrados de Formación Profesional

Neste momento están en execución cinco actuacións neste tipo de centros, cun orzamento de 7,6 M€ e xa hai comprometidas outras 10 intervencións

24/09/2025 | 15:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia destaca en Bilbao a importancia de desenvolver un sistema sólido en cuántica como clave para competir

A directora da Axencia Galega de Innovación modera a mesa redonda Investigación e innovación ao servizo das industrias no Metafuturo Bizkaia Quantum

24/09/2025 | 12:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta sinala a aula nómade do instituto Agra de Leborís, na Laracha, como un exemplo da calidade da FP

A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, visita o centro para coñecer esta experiencia piloto para a FP Básica de Peiteado e Estética e que conta con 18 alumnos

24/09/2025 | 12:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta regulará o uso da intelixencia artificial no ensino a través da futura Lei de educación dixital

Román Rodríguez aposta por aproveitar as potencialidades da IA no sistema educativo dunha maneira segura e ordenada e co profesor e o alumno “no centro das decisións”

23/09/2025 | 14:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda celebra a aposta da Xunta pola universidade coa cesión de dous edificios emblemáticos da antiga ETEA

O obxectivo é reforzar o vínculo da universidade coa cidade e coa sociedade galega, transformando os edificios en novos espazos ao servizo da docencia, a investigación e a creación cultural

23/09/2025 | 13:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta creará por lei a nova Oficina de apoio ao profesorado para darlle a máxima protección

Román Rodríguez avanza que este novo servizo se materializará este outono a través da modificación da Lei de convivencia e participación da comunidade educativa

22/09/2025 | 15:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un dos maiores expertos mundiais en atención á diversidade inaugurará mañá o II Congreso de Educación Inclusiva da Xunta

Arredor de 700 asistentes, entre expertos internacionais e representantes de centros educativos, compartirán experiencias arredor da inclusión, a diversidade e a saúde emocional