Actualidade
Buscador de novas
A Xunta de Galicia adxudica a obra de construción de 48 novas vivendas de promoción pública en Pontevedra
As vivendas construiranse na parcela P-17 de Valdecorvos, propiedade da Xunta de Galicia
Belén do Campo destaca o investimento de preto de 1M€ no asfaltado de varios treitos da AC-223 ao longo de máis de 13 quilómetros que se están executando ao seu paso por Mesía
A representante do Goberno autonómico destacou que esta intervención permite actuar ao longo de máis de 13 quilómetros, renovando unha infraestrutura moi utilizada tanto polas veciñas e veciños como polos numerosos vehículos que circulan diariamente por esta zona
A Xunta licita a redacción do proxecto e as obras de construción de 34 vivendas públicas na avenida Syra Alonso, en Santiago, cun investimento autonómico de máis de 7 M€
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle nun mesmo bloque a redacción, dirección e obras para axilizar esta actuación e o prazo de presentación de ofertas remata o 3 de setembro
O Fondo de Cooperación da Xunta facilita ao Concello da Laracha a mellora da contorna urbana do CEIP Otero Pedrayo
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas financiará, cun préstamo que rolda os 115.000 euros do Fondo de Cooperación, a través da liña dirixida a municipios de menos de 50.000 habitantes
Rueda anuncia que se eleva ata os 45 anos a idade máxima para beneficiarse dos avais da Xunta para adquirir a primeira vivenda
O novo límite, ata o de agora de 36 anos, aplicarase xa na vindeira convocatoria
A Xunta aproba a décima actualización do Plan básico autonómico de Galicia, que garante unha ordenación responsable e sostible do territorio
Dada a súa natureza de documento dinámico, que esixe a súa actualización periódica, a Xunta ven de aprobar unha nova actualización cartográfica do PBA
A Xunta avanza na construción doutras 14 vivendas públicas en Xuxán, na Coruña, que se sortearán no vindeiro mes de xullo
Allegue detallou que os traballos xa superan o 60% de execución e se prevé o seu remate para antes de que remate o ano
Medio Rural promove a I Feira do Viño Rosado de Galicia dentro da Festa da Rosa de Mos
Un total de oito adegas das denominacións de orixe Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras participan no evento, inaugurado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, quen foi nomeada tamén Valedora da festa