Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.318 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

29/07/2025 | 17:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colaborará co Concello do Vicedo na mellora das rúas Francisco Vilasuso e a Travesía da Mariña

As actuacións consistirán na mellora da accesibilidade e equipamentos destas rúas do municipio e suporán un investimento global duns 50.000 euros

29/07/2025 | 15:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora co concello de Silleda nas obras de mellora da Avenida do Parque

A actuación permitirá a remodelación integral da contorna desta arteria do casco urbano, coa modernización das infraestruturas, a creación de novos espazos públicos accesibles e a mellora da eficiencia dos servizos urbanos

29/07/2025 | 12:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 11,2 M€ as obras para a conversión en autovía de 4,9km da vía de altas prestacións Brión-Noia

O desdobramento da VAP impúlsase trala aprobación en febreiro do proxecto de trazado da autovía entre Brión e Martelo

28/07/2025 | 17:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta coopera co concello de Rubiá no acondicionamento da rúa Terra do Souto e da súa contorna, que suporá un investimento de 280.500 €

Estes proxectos desenvólvense ao abeiro do Plan Hurbe, un programa de apoio aos concellos para promover actuacións que contribúan a dinamizar as vilas galegas e a mellorar a calidade de vida da súa veciñanza

28/07/2025 | 17:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica o novo decreto que regula as Entidades de Certificación de Conformidade Municipal, que permitirá axilizar trámites para construír vivenda

Este novo decreto entrará en vigor aos 20 días naturais da súa publicación no DOG, é dicir, o 17 de agosto

28/07/2025 | 12:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
27/07/2025 | 09:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para executar as obras de mellora da rúa Curros Enríquez, no lugar de Feira do Monte, en Cospeito

Os traballos, licitados por 455.905€, consistirán na ampliación da plataforma e o reforzo do firme, así como na habilitación de beirarrúas e nova iluminación, desta rúa da parroquia de San Xoán de Sistallo

26/07/2025 | 12:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre un novo carril segregado na Lanzada para favorecer a mobilidade viaria na glorieta final da vía do Salnés

Este novo viario posibilita que os vehículos que proceden da autovía cara O Grove eviten atravesar esta glorieta e accedan directamente á PO-308 mediante este carril adicional

26/07/2025 | 10:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A avenida de Pardo de Cela, en Ourense, estará cortada ao tráfico a partir do vindeiro luns, 28 de xullo, con motivo das obras da senda do Barbaña

No marco da senda Os Remedios-Expourense, a Xunta está a intervir no cruce desta avenida, mellorando os movementos peonís e de bicicletas e o paso do Camiño de Santiago

25/07/2025 | 10:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 2 ofertas para as obras de mellora dos espazos públicos dos núcleos de Meda e Lamalonga, no concello da Veiga, licitadas por 150.000 euros

A actuación enmárcase no Plan Hurbe e permitirá a creación dun un parque infantil e unha zona de estancia para os veciños en cada un destes lugares