Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e a Confraría de Vilanova avalían os avances das tarefas de rexeneración financiadas con preto de medio millón de euros
O pósito e a Administración autonómica coinciden na necesidade de que o Goberno central aplique de inmediato as exencións das cotas da Seguridade Social prometidas ás mariscadoras afectadas polos temporais
A Xunta destaca a Festa do Percebe do Roncudo como escaparate da excelencia dos produtos do mar de Galicia
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, participou na presentación da XXXIV edición desta cita gastronómica
A Xunta reforza o seu apoio ao 'Vigo Seafest' para promover o consumo de peixe e enxalzar o traballo da frota galega
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, inaugurou hoxe a VII edición do Festival ARVI do Peixe, un evento que conta cunha achega autonómica de máis de 118.000 euros para achegar o complexo mar-industria á cidadanía
Villaverde inaugura o encontro ‘O Futuro dos Comedores Escolares’ e destaca a importancia do peixe na alimentación dos máis novos
A Xunta incide na insuficiencia do Real Decreto 315/2025 do 15 de abril ao non incluír as cantidades de peixe recomendadas polos expertos
A Xunta destina case 400.000 euros para a recuperación do marisqueo en Pontedeume e prevé a sementeira de 1,8 M unidades de ameixa babosa
Este acordo suma á Confraría de Pontedeume ao plan extraordinario da Xunta para a recuperación dos bancos marisqueiros tras o período de baixa salinidade a comezos de ano
Mar pon en valor a capacidade operativa de Gardacostas de Galicia, referente na protección e a seguridade marítima e a loita contra o furtivismo
Os seus efectivos realizaron o pasado ano 9.760 inspeccións, atenderon 140 emerxencias, retiraron máis de 36.000 artes de pesca ilegais e comisaron máis 28.000 kg de peixe e marisco
Belén do Campo visita en Paderne a rehabilitación de dúas edificacións tradicionais para a creación dunha pousada e dun restaurante grazas a un apoio do GALP de 200.000 €
A representante do Goberno autonómico destacou en Parderne o apoio do Goberno galego á diversificación da economía azul e coa dinamización do rural galego
O Goberno vasco amosa interese polo modelo integrado do Servizo de Gardacostas de Galicia en materia de salvamento e loita contra o furtivismo
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, recibiu en San Caetano ao conselleiro de Seguridade do País Vasco, Bingen Zupiria, quen encabeza unha delegación institucional para coñecer de primeira man a estrutura e o funcionamento do corpo galego
Villaverde destaca que a Xunta mobilizará 4,3 M € na encomenda a Seaga para a restauración dos bancos marisqueiros
A responsable autonómica subliñou que este programa de actuacións estenderase ata o 2028
Mar analiza coa confraría de Camelle a xestión sustentable dos seus recursos pesqueiros e marisqueiros
Os directores xerais de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica e de Desenvolvemento Pesqueiro reuníronse con representantes do pósito