Actualidade
Buscador de novas
Xunta e Autoridades Portuarias do Estado en Galicia abordan asuntos de interese para o sistema portuario da comunidade
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu a reunión de coordinación dos portos galegos para continuar afondando en actuacións que permitan seguir gañando competitividade e sostibilidade
Marta Villaverde destaca a contribución do Centro Tecnolóxico do Mar ao reforzo da competitividade e sostibilidade do sector marítimo-pesqueiro galego
A entidade pechou o primeiro semestre do ano con 49 proxectos e servizos activos en marcha en áreas clave como gobernanza mariña, a xestión sustentable dos recursos, a observación oceánica, a formación ou a cooperación internacional.
Comeza a campaña do polbo o 1 de xullo tras un parón de tres meses, un mes por parada biolóxica e dous de veda
A Consellería do Mar e sector reforzan o seu acordo co Plan de xestión do polbo aprobado a finais do mes de marzo
Villaverde destaca a aposta pola excelencia do programa da Universidade Intercontinental da Empresa no ámbito da formación en xestión pesqueira
A responsable autonómica resaltou que esta iniciativa sitúa a Galicia á vangarda, contribuíndo a reforzar o tecido produtivo vencellado á cadea mar-industria que xoga un papel clave na produción sostible de alimentos de calidade
Villaverde destaca o compromiso da Xunta coa mellora das infraestruturas portuarias deportivas e a actividade náutica como un sector emerxente na economía azul
A conselleira puxo en valor o esforzo inversor da Consellería, ao consignar este ano por primeira vez unha partida específica de 1,2M€ para o mantemento e mellora dos portos deportivos galegos
O CEIP Terra Chá de Román, en Vilalba, pecha os actos do 40º aniversario cunha festa de fin de curso o 1 de xullo
A Delegación territorial da Xunta acolleu a presentación do programa, que inclúe unha exposición de fotografías e material didáctico antigo, actividades para os nenos e nenas do colexio, música e unha foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR
Villaverde analiza co sector alternativas fronte ao veto comunitario ao palangre demersal en 87 áreas do Atlántico Nororiental
A conselleira do Mar subliñou o apoio do Goberno galego ás demandas da Organización de Produtores Pesqueiros de Burela e das 16 compañías armadoras galegas recorrentes aportando informes de carácter técnico no proceso
O Consello Reitor de Portos de Galicia aproba a declaración de innecesariedade de terreos doutros oito municipios e avanza nas reversións ao Estado
O ente público remata así os trámites da súa competencia nos peiraos incluídos na segunda fase do procedemento de devolución á Administración Xeral do Estado da titularidade de solo de uso veciñal para que se transfira, no seu caso, aos Concellos
Villaverde sitúa a transferencia de coñecemento entre as entidades sectoriais e a Administración como elemento clave na xestión do marisqueo
Define o encontro como unha oportunidade para a posta en común desta información técnico-científica, co fin de fomentar o crecemento organizativo e o rendemento do persoal profesional implicado