Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.603 novas da C. do Medio Rural:

18/06/2026 | 18:39 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca o papel da innovación e da transferencia de coñecemento para reforzar a competitividade do sector agrario galego

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria salientou que a innovación “só cumpre o seu obxectivo cando chega ao territorio e se transforma en solucións útiles para os produtores”

18/06/2026 | 16:58 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca que o edificio de servizos integrados da Xunta en Lalín está moi avanzado e que se atopa na súa fase final

A conselleira do Medio Rural visitou hoxe as obras dunha infraestrutura que supón un investimento de preto de 4 M€ e puxo en valor o seu carácter “integral”, ao agrupar nun só lugar os diferentes servizos que se prestan á cidadanía

18/06/2026 | 16:25 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14.30 h. de hoxe

Extinguido o incendio de Xermade, parroquia de Roupar, que afectou finalmente unha superficie de 36 hectáreas

18/06/2026 | 14:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon o Spigal como exemplo da transformación de información científica en acción pública útil para protexer, anticiparse e responder ante os lumes

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático salienta o traballo de MeteoGalicia no deseño deste programa que, a través da integración de información meteorolóxica, datos do territorio e variables relacionadas co comportamento do lume, ofrece simulacións avanzadas sobre a posible evolución dun incendio forestal

18/06/2026 | 09:24 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09.00 h. de hoxe

Deuse por extinguido o lume de Boborás, parroquia de Moreiras, que afectou finalmente unha superficie de 277,58 hectáreas

17/06/2026 | 21:15 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 21.00 h. de hoxe

Deuse por controlado o incendio forestal de Padrón, parroquia de Herbón, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 350 hectáreas

17/06/2026 | 14:18 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

Rueda anuncia a colaboración con Adolfo Domínguez para a recuperación do cultivo do liño en Galicia e o desenvolvemento dunha industria transformadora

Destinaranse case 900.000 € a promover o uso desta materia prima tan arraigada á cultura e tradición galega e cuxa produción agora é residual