Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.623 novas da C. do Medio Rural:

03/02/2026 | 17:07 | C. do Medio Rural

Medio Rural reforza o diálogo coas empresas de servizos forestais para a mellora do monte galego

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, mantivo hoxe un encontro con representantes das asociacións Serfoga e Asemfo, que agrupan este colectivo no ámbito galego e nacional, respectivamente

03/02/2026 | 14:53 | C. do Medio Rural

María José Gómez presenta unha convocatoria “histórica” do programa Leader para impulsar o desenvolvemento socioeconómico do rural

A conselleira do Medio Rural visitou as instalacións de Efigalia Energy, en Chantada, empresa beneficiaria destas achegas para a construción dunha nave na que levan a cabo a súa actividade relacionada coas enerxías renovables

03/02/2026 | 12:12 | C. do Medio Rural

Medio Rural e a Deputación de Ourense entregan 12 novos tractores con rozadoira aos concellos para mellorar a prevención e a extinción de incendios forestais

A conselleira María José Gómez participou hoxe na recepción desta maquinaria, que van empregar os municipios das mancomunidades de Ribeiro, Terras de Celanova, Comarca do Carballiño e Comarca de Verín

02/02/2026 | 17:57 | C. do Medio Rural

Ponte Caldelas mellora o asfaltado dunha pista en Regodobargo grazas a unha achega da Xunta de máis de 52.000 euros

A actuación lévase a cabo grazas ás axudas do Plan Camiña Rural para a mellora de infraestruturas no medio rural

02/02/2026 | 17:37 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu apoio á produción de pataca e á mellora das infraestruturas rurais de Coristanco

A conselleira do Medio Rural recibiu ao alcalde desta localidade, para reforzar a colaboración a prol deste cultivo

02/02/2026 | 17:31 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta a calidade e singularidade dos viños galegos na Barcelona Wine Week

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou hoxe na inauguración deste evento, un dos máis destacados do mundo da enoloxía no ámbito internacional

02/02/2026 | 12:48 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta polo desenvolvemento rural coa maior convocatoria da historia das axudas Leader dotadas con 28,7 M€ ata 2028

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe estas achegas, cuxo reparto por anualidades supón unha importante vantaxe para os promotores dos proxectos, que poderán desenvolver a súa iniciativa cunha maior marxe temporal

02/02/2026 | 11:46 | C. do Medio Rural

Medio Rural publica a relación de máis de 5.700 aspirantes para as probas físicas e visuais para o persoal do servizo contra incendios forestais

O Diario Oficial de Galicia detalla as características das probas e avanza que as visuais terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), situada en Santiago de Compostela, nos días 9, 10 e 11 de febreiro de 2026