Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 3.623 noticias de la C. do Medio Rural:

03/12/2025 | 14:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Xunta reclama ao Goberno central unha sectorial específica e máis coordinación nas medidas sobre a Peste Porcina Africana

O Goberno galego pide a participación dos ministerios de Agricultura e de Transición Ecolóxica nesa reunión coas comunidades autónomas, para coordinar a nivel nacional as actuacións en relación coa loita contra esta doenza

03/12/2025 | 14:23 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina máis de 600.000 € a apoiar un total de 22 agrupacións forestais de xestión conxunta

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas achegas, correspondente á convocatoria de 2025, enmarcadas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

02/12/2025 | 19:01 | C. do Medio Rural

María José Gómez louva aos produtores de queixos e meles galegos pola calidade das súas elaboracións

A conselleira do Medio Rural participou hoxe na entrega dos premios das Catas de Galicia 2025, coas que se recoñece aos mellores destes produtos cada ano

02/12/2025 | 18:16 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que o grao de execución do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2022 achégase ao 95 % e supera a media nacional e europea

O secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, Jorge Atán, participou en Madrid na xornada de exame de rendemento do programa, organizada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

02/12/2025 | 13:33 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o proxecto europeo Aldealix para fomentar a sustentabilidade e a eficiencia enerxética das comunidades rurais

A secretaria xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural, Marta Vázquez, participou na apertura dun simposio sobre o uso de bioenerxía en comunidades enerxéticas rurais 

02/12/2025 | 13:05 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca a colaboración público-privada na loita contra os incendios na presentación de equipos aéreos punteiros cedidos á Xunta por Abanca

A conselleira María José Gómez participou hoxe na presentación de tres sistemas de última xeración, que permiten traballar en remoto e que complementarán os recursos autonómicos nas tarefas de vixilancia, prevención e defensa fronte ao lume

02/12/2025 | 11:27 | C. do Medio Rural

Medio Rural publica no DOG a declaración de proxecto de interese autonómico da ampliación de Casa Grande de Xanceda

A iniciativa acadou esta consideración pola contribución das súas actividades no eido agroalimentario ecolóxico galego, sendo un modelo de desenvolvemento económico sostible no rural

01/12/2025 | 19:38 | C. do Medio Rural

María José Gómez enxalza o Belén promovido por Clun e Ecoener pola súa posta en valor do sector primario

A conselleira do Medio Rural participou hoxe na inauguración desta mostra, que poderá visitarse no Salón Nobre do Pazo de Raxoi todos os días cun horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 h. ata o 7 de xaneiro de 2026

01/12/2025 | 14:48 | C. do Medio Rural

Medio Rural abre unha canle permanente de contacto co sector porcino e convocará novas reunións para avaliar a evolución da peste porcina africana

Técnicos da Consellería reuníronse con responsables da Federación Galega de Porcino e con outros representantes sectoriais para informalos das últimas novidades e formalizar o establecemento desta vía de comunicación