Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.754 novas da C. do Medio Rural:

08/08/2026 | 15:00 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Baltar, parroquia de Garabelos do Bouzo

O lume iniciouse ás 12,21 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas

07/08/2026 | 21:08 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca que o viño certificado na Denominación de Orixe Monterrei medrou un 300 % en pouco máis dunha década

Sinala que este éxito é froito do traballo dun sector forte, con case catrocentos viticultores e trinta adegas, que deu como resultado uns viños recoñecidos e con moita personalidade

07/08/2026 | 15:28 | C. do Medio Rural

Medio Rural consolida a súa aposta pola recría de razas autóctonas cunha liña de axudas específica

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou unha explotación beneficiaria destas achegas en Trasmiras

07/08/2026 | 14:11 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina 360.000 euros aos programas de control dos produtos agroalimentarios galegos

A Consellería publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución destas axudas, das que se benefician 16 consellos reguladores

07/08/2026 | 13:39 | C. do Medio Rural

Medio rural reforza a cooperación co concello de Leiro para impulsar a XXXV Festa da Vendima

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo hoxe un encontro de traballo co alcalde, Francisco Fernández, para abordar a colaboración arredor desta cita

07/08/2026 | 13:29 | C. do Medio Rural

Medio Rural e o Concello de Bóveda abordan novas vías de colaboración para poñer en valor o sector agroalimentario

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias

06/08/2026 | 14:16 | C. do Medio Rural

Galicia e Portugal reforzan a súa colaboración en materia de loita contra incendios forestais

O director xeral de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural mantivo en Bragança un encontro co novo director da zona norte da Autoridade Nacional de Emerxencias e Protección Civil de Portugal (Anepc), o Comandante Albano Teixeira

06/08/2026 | 13:40 | C. do Medio Rural

Medio Rural apoia máis de 2.000 explotacións apícolas con axudas para a produción e comercialización dos seus produtos

A última convocatoria destas achegas vén de ser resolta cun investimento de case 1,5 M€ que benefician 19 titulares de explotacións e agrupacións, con máis de 42.000 colmeas

05/08/2026 | 15:22 | C. do Medio Rural

María José Gómez reitera ao Goberno central que actúe para que se cumpra a lei da cadea alimentaria e se cubran os custos de produción

Considera tamén imprescindible que se establezan mecanismos máis áxiles de control de distorsións do mercado interior español causados polas importacións desde Mercosur ou outros países, e que se informe ás comunidades autónomas