Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.410 novas da C. de Sanidade:

17/07/2026 | 18:09 | C. de Sanidade

O novo centro de saúde de Moaña realizou máis de 17.500 actos asistenciais no seu primeiro mes de funcionamento

Neste mes realizáronse un total de 17.158 consultas programadas, entre as que destacan as 8.432 de medicina de familia, 5.598 de enfermería, 912 de fisioterapia, 866 de pediatría e 314 coa matrona

17/07/2026 | 15:18 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño subliña que a campaña de vacinación fronte ao pneumococo e o herpes zóster nas residencias de maiores permitiu administrar xa preto de 7.000 vacinas en 228 centros

Desde o pasado 16 de xuño, a Xunta está a desenvolver unha campaña de vacinación destinada a facilitar a inmunización dos usuarios dos centros sociosanitarios galegos

16/07/2026 | 17:21 | C. de Sanidade

A Xunta licita por 328.830 € a adquisición de dous arcos de radioloxía portátiles con destino ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

O novo equipamento posibilitará incorporar técnicas de implantación de dispositivos cardíacos, a realización de procedementos de cardioversión eléctrica ou a colocación de drenaxes e próteses

16/07/2026 | 16:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta avanza que o Hospital Clínico de Santiago sumará este ano un novo edificio de 5.300 m² para albergar a unidade de mama, o hospital de día e a unidade de reprodución asistida

Os cinco andares do novo edificio albergarán, tamén, as consultas externas e gabinetes de otorrinolaringoloxía, unha área de logopedia e unha nova unidade da dor

16/07/2026 | 11:13 | C. de Sanidade

O concello de Xinzo de Limia participa na campaña estival “Un alento de vida” da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

O municipio ourensán acadou no 2025 un índice de 55 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano

15/07/2026 | 14:49 | C. de Sanidade

O xerente do Servizo Galego de Saúde destaca o avance da modernización do Hospital Público da Mariña, que continuará cun investimento de 33,5 M€ nas próximas dúas fases do seu Plan director

A Xunta ten actualmente aberta a licitación das dúas novas fases para ampliar noutros 3.000 m2 a superficie do hospital, co que o centro vai ter un 50 % máis de superficie da que tiña inicialmente cando foi construído

15/07/2026 | 13:41 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño subliña o reforzo dos recursos sanitarios durante o verán para garantir a atención de urxencia e emerxencia a toda a poboación do Salnés

Explica que son criterios obxectivos relacionados coa tipoloxía da demanda, a frecuencia da actividade asistencial, os tempos de resposta e o incremento da poboación estacional os que motivan o desprazamento da ambulancia medicalizada do Salnés en xullo e agosto

15/07/2026 | 13:17 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o labor e o compromiso dos 10 profesionais da Unidade de Condutas Aditivas de Vilagarcía de Arousa, que o pasado ano atendeu máis de 500 pacientes

Destaca por ser un dispositivo ambulatorio “integral”, que combina nun mesmo espazo atención clínica, intervención psicosocial e unha unidade de día cun programa terapéutico-educativo que inclúe talleres, deporte e estimulación cognitiva