Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.139 novas da C. de Sanidade:

27/11/2025 | 17:22 | C. de Sanidade

A Xunta salienta o incremento sostido de profesionais de atención primaria rexistrado en Galicia desde 2014

A Consellería de Sanidade defende a correcta planificación das prazas necesarias para a formación anual de médicos en Galicia, de acordo coas baixas previstas no sistema

27/11/2025 | 17:12 | C. de Sanidade

O seguimento da folga sanitaria na atención primaria acada o 3,5 % na quenda de tarde

De acordo ás sete áreas sanitarias galegas, o seguimento da folga nos servizos de atención primaria oscila entre o 6,19 % rexistrado na área sanitaria de Vigo e o 0,6 % da área de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

27/11/2025 | 15:44 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde reitera no Parlamento que todos os nenos das comarcas do Condado e da Paradanta teñen atención pediátrica garantida

O director xeral detallou o número de pediatras dispoñibles en cada municipio, todos con cupos por debaixo da ratio máxima recomendada polo Ministerio de Sanidade

27/11/2025 | 13:36 | C. de Sanidade

A Xunta pídelle ao Ministerio de Sanidade un esforzo de negociación para evitar 4 días de folga médica contra o estatuto marco, que pode paralizar case 340 cirurxías e máis de 10.000 consultas por xornada

O conselleiro amosa a súa preocupación polo potencial impacto na sanidade pública das folgas convocadas para vindeiras datas, tanto de médicos como de técnicos, en contra da reforma do Estatuto Marco que promove o Ministerio

27/11/2025 | 13:30 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde garante unha asistencia sanitaria de calidade no concello de Xove

O centro de saúde de Xove conta con dúas prazas de médico de familia asignadas a 1.378 e 1.365 tarxetas sanitarias individuais respectivamente, cupos por baixo da ratios máximas de referencia de calidade asistencial

27/11/2025 | 12:46 | C. de Sanidade

A onda epidémica de gripe mantén unha intensidade baixa con tendencia crecente

O último informe de actividade das infeccións respiratorias agudas da Dirección Xeral de Saúde Pública indica que a taxa de consultas por gripe en atención primaria aumenta en todos os grupos de idade

27/11/2025 | 12:39 | C. de Sanidade
27/11/2025 | 12:31 | C. de Sanidade

O Sergas salienta que no vai de ano a área sanitaria de Santiago e Barbanza tramitou preto de 87.000 facturas, cumprindo o período medio de pagamento

A área sanitaria compostelá cumpre mensualmente co período medio de pagamento, que no mes de novembro, acada unha media de 28,3 días

27/11/2025 | 12:17 | C. de Sanidade

O seguimento da folga sanitaria na atención primaria acada o 4,9 % na quenda de mañá

De acordo ás sete áreas sanitarias galegas, o seguimento da folga nos servizos de atención primaria oscila entre o 9,4 % rexistrado na área sanitaria de Santiago e Barbanza e o 1 % da área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

27/11/2025 | 10:51 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e a Fundación Racing Club Ferrol convidan aos cidadáns a participar nas campañas de doazón de sangue

A entidade deportiva e a ADOS desenvolverán esta semana unha campaña especial de doazón destinada a fomentar este xesto solidario entre todos os veciños e veciñas de Ferrol