Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.989 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

30/01/2026 | 15:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza na formalización do acordo para a prestación do servizo de taxi no aeroporto de Alvedro

A directora xeral de Mobilidade reuniuse hoxe con representantes dos concellos da Coruña e Culleredo para avanzar na implantación dun réxime específico entre ambos municipios neste aeroporto a través dun convenio

30/01/2026 | 14:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recoñece o traballo da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia para garantir a seguridade da cidadanía

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na entrega de medio cento de distintivos de permanencia e de medallas ao persoal da unidade, na que se distinguiron actuacións extraordinarias, a traxectoria e antigüedade dos axentes ou a colaboración da UPA con outras institucións  

30/01/2026 | 12:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Manuel Pardo resalta o dispositivo invernal da Xunta para garantir a mobilidade da cidadanía na rede autonómica de estradas da provincia

O delegado territorial trasladoulle aos operarios os parabéns do Goberno galego polo traballo exemplar que levan a cabo tralo operativo para coordinar as actuacións e medios materiais e humanos con fin de garantir a vialidade das estradas

30/01/2026 | 12:52 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Rueda pon en valor O Gran Camiño como escaparate internacional de Galicia e do deporte de alto nivel

A principal novidade da edición de 2026 é que cambia de data e celebrarase entre o 14 e o 18 de abril, buscando reducir así o risco climático e facer a proba máis atractiva para equipos e ciclistas

29/01/2026 | 15:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta esíxelle ao Goberno central a celebración da Conferencia Sectorial de Transportes para abordar asuntos como o billete unico ou as incidencias da rede ferroviaria

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participa hoxe en Madrid na Comisión de Directores Xerais de Transporte do Estado e das Comunidades Autónomas

29/01/2026 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
29/01/2026 | 15:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión Mixta de Xustiza aborda o avance na implantación da III fase da lei de eficiencia xudicial en Galicia nas cidades

No encontro estudáronse as actuacións finalizadas e as previstas, coa estimación de rematar a principios de febreiro a habilitación dos permisos tecnolóxicos do persoal funcionario para, posteriormente, proceder á súa reubicación nos espazos físicos definitivos

29/01/2026 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Agolada mellorará a eficiencia enerxética do centro de saúde grazas a unha achega da xunta de preto de 120.000 euros

O delegado territorial destacou a importancia de levar a cabo obras que diminúan os gastos correntes dos concellos, así como o seu impacto ambiental