Actualidade
Buscador de novas
A Xunta insiste na necesidade dunha folla de ruta clara para o Corredor Atlántico en Galicia
Ante o anuncio do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible sobre os investimentos nesta rede, lamenta a falta dun Plan Director completo e rigoroso tal e como lle demanda o Goberno galego
A Xunta comprobou a efectividade dos plans de emerxencias de Protección Civil cunha ducia de simulacros ao longo de 2025
O obxectivo dos exercicios desenvolvidos é facerlle fronte a unha hipotética situación de emerxencia e probar a eficacia das medidas deseñadas
Belén do Campo presenta a concentración de preparación do campionato de Europa coa Selección Absoluta Feminina de Hockey Sala
A delegada da Xunta destacou que se trata dunha cita deportiva de primeiro nivel que reforza o compromiso de Galicia co deporte feminino, coa súa proxección internacional e coa promoción de hábitos de vida saudables entre a mocidade
A Xunta executou o 100% do seu Plan anual da cooperación galega para o 2025
O plan contou cunha dotación inicial de case 10M€ no marco do ‘V Plan director da cooperación galega 2023-2026’
A Xunta inviste preto de 80.000 euros para a diminución da contaminación lumínica no concello da Cañiza
Os traballos consistiron na substitución das antigas luminarias por unhas máis modernas e adaptables, así como dos seus soportes, cableado e cadros eléctricos
A Xunta mantén o desconto do 40% nos autobuses autonómicos, no transporte da ría de Vigo e no tren na área de Ferrol
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que permite continuar con estas bonificacións no transporte público autonómico a partir de xaneiro
A Xunta destina 60.000 euros a mellorar a eficiencia enerxética nas instalacións do campo de fútbol de Pacios, en Begonte
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que os traballos foron financiados con cargo á orde de axudas a concellos para incrementar a eficiencia enerxética das infraestruturas locais
A Xunta convoca a nova edición dos cursos para a habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas
O DOG publica hoxe a información e o calendario das 11 accións formativas previstas para 2026, que terán lugar na Academia Galega de Seguridade Pública