Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 516 novas da área temática Emigración:

24/09/2026 | 15:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a estabilidade política e económica e o seu potencial de futuro como contribución de Galicia á mellora global

Sinala que “a estabilidade permítenos dedicarnos a cumprir coas obrigas que os cidadáns nos encomendan”

23/09/2026 | 12:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración
22/09/2026 | 17:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o labor dos centros galegos de Venezuela como núcleos de sustento da rede de atención social á colectividade galega no país

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse en Caracas cos presidentes dos centros galegos en Venezuela, onde coñeceu de primeira man as necesidades e retos destas asociacións despois dos sismos do pasado mes de xuño

21/09/2026 | 13:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta enxalza o ciclo Mestre Mateo como referente para afianzar o cine galego no mundo

O secretario xeral da Emigración asistiu á clausura do Ciclo Mestre Mateo e á proxección da película Sirât no Centro Cultural Palacio Libertad

20/09/2026 | 10:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta felicita a Asociación Finisterre en América polo seu centenario de traxectoria como referente na historia da emigración galega na Arxentina

O secretario xeral da Emigración visitou, xunto co delegado da Xunta na Arxentina, a sede da Asociación o mesmo día que cumpre os cen anos desde a súa fundación

19/09/2026 | 11:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta de Galicia traslada o seu apoio á colectividade galega residente no Uruguai

O secretario xeral da Emigración, acompañado pola delegada da Xunta no Uruguai, reuniuse cos presidentes dos centros galegos de Montevideo na Delegación da Xunta na capital uruguaia

18/09/2026 | 17:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta pola colaboración coa Embaixada de España no Uruguai para avanzar na resposta ás necesidades da colectividade galega no país

O secretario xeral da Emigración, acompañado pola delegada da Xunta no Uruguai, reuniuse hoxe na Embaixada de España co Cónsul Xeral de España no Uruguai e co ministro conselleiro da Embaixada de España

15/09/2026 | 14:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca o Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires “como un punto clave para reforzar a proxección exterior da lingua e cultura galegas”

Anima ao estudantado do centro arxentino “a aproveitar esta oportunidade de coñecer os valores que forman parte da nosa identidade”

14/09/2026 | 14:57 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inicia o proceso para acelerar a integración laboral das persoas acollidas á regularización extraordinaria e cubrir vacantes das empresas

Alfonso Rueda lembra que este proceso xa está a ter impacto nas cifras de paro rexistrado, con “máis de 2.100 persoas inscritas nas oficinas de emprego da comunidade como consecuencia deste proceso”

13/09/2026 | 15:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta pola colaboración para impulsar os lazos culturais e socioeconómicos entre Galicia e Asturias e as oportunidades que brinda esta unión

González destaca o labor da asociación Día de Galicia en Asturias, que conmemora 31 anos de traxectoria a prol da difusión da idiosincrasia galega no Principado