Actualidade
Buscador de novas
Galicia exporta o seu modelo de xestión de residuos e de inspección ambiental a Macedonia do Norte no marco do proxecto europeo Twinning
Tendo en conta que a infraestrutura operativa de Sogama se sitúa entre as máis modernas e eficientes da súa tipoloxía, a través desta iniciativa a empresa pública galega transfire o seu coñecemento ao país balcánico para que avance cara a un modelo funcional, moderno e eficiente
A Xunta abre hoxe as solicitudes para os Premios Galicia de Acción Voluntaria 2026
O certame galardoará con 4.000 euros á persoa voluntaria do ano, á entidade de acción voluntaria e ao mellor proxecto, estas dúas últimas modalidades coa condición de estar inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria
Rueda destaca o traballo colectivo que permitiu a gran transformación da sanidade pública desde que Galicia asumiu as competencias hai 35 anos
Asegura que se trata dun “proxecto de país” ao que contribúen administracións, sanitarios, universidades, entidades sociais e pacientes
Diego Calvo coñece as melloras produtivas que favorecen a autonomía económica das mulleres no Perú, que a Xunta apoiou con máis de 1,1 M€
O conselleiro visita a provincia de Quispicanchi, onde desde 2014 a Fundación Taller de Solidaridad e o seu socio local a Asociación Jesús Obrero-CCAIJO colaboran na execución de sete proxectos
Diego Calvo visitará esta semana proxectos financiados pola cooperación galega no Perú e a comunidade galega en Bos Aires
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes coñecerá proxectos levados a cabo no Perú, que é país prioritario para Cooperación Galega, e onde o Goberno galego leva investidos 3,6M€ no marco do último Plan Director da Cooperación Galega
A Xunta constituirá a vindeira semana a Mesa do Diálogo Social para abordar as primeiras medidas en relación ao absentismo e ao benestar laboral
José González apela a ir implantando melloras para reducir o impacto do absentismo como a nova Estratexia de Benestar Laboral, no marco do Diálogo Social que se vén de institucionalizar e do proceso de deseño do plan integral anunciado polo presidente