Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.425 novas da área temática Medio ambiente:

28/05/2026 | 15:12 | C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda defende a capacidade do rural para atraer investimentos industriais, innovadores e que contribúan á transición ecolóxica

Agradece á empresa a súa aposta por seguir mellorando, innovando e consolidando a industria na nosa comunidade á vez que forma o talento para retelo

28/05/2026 | 14:40 | C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo participa nun simulacro de incendio forestal con afección á poboación para avaliar a coordinación dos servizos de emerxencia

A delegada da Xunta lembrou que esta actividade lévase a cabo no distrito V por tratarse dunha zona de risco con incidencia de incendios e unha alta presencia de peregrinos e veraneantes na época de estival.

28/05/2026 | 13:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia as obras para acondicionar varios tramos do Camiño do litoral cun investimento de 1,1 M€

Ángeles Vázquez explica que nunha primeira fase se acometerán 20 intervencións prioritarias en 16 concellos para resolver as necesidades detectadas máis urxentes

27/05/2026 | 15:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a importancia de que as empresas galegas compaxinen crecemento e progreso co compromiso co medio ambiente

Subliña que no marco da Alianza galega polo clima as compañías son “aliadas da Xunta para concienciar a todo o mundo, empezando pola xente máis nova”

27/05/2026 | 12:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental á instalación dunha planta solar fotovoltaica para autoconsumo no porto exterior de Ferrol-San Cibrao

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actividade teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

26/05/2026 | 13:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima ao tecido industrial a apostar pola sostibilidade como garantía de éxito e crecemento

Ángeles Vázquez salienta que o Goberno galego quere ser un aliado da industria responsable, que cre na innovación e non renuncia a reducir o seu impacto ambiental

25/05/2026 | 15:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia solicita ao Goberno central que defenda na UE a singularidade das plantas de valorización de residuos para evitar que teñan que comprar dereitos de emisión

Nunha carta remitida á vicepresidenta terceira, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático expón que a eventual aplicación do novo Réxime de comercio de dereitos de emisión europeo suporía un grave impacto económico para este sector e, en particular, para Sogama, que recibe os residuos do 97% dos concellos galegos

25/05/2026 | 13:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta financiará con case 350.000 € a ampliación do roupeiro de Padre Rubinos na Coruña para avanzar no eido da reutilización de residuos téxtiles en Galicia

A intervención, que se executará dividida en dúas fases entre este ano e o que vén, permitirá duplicar a capacidade operativa das instalacións actuais coa execución de traballos en cubertas, fachadas, estruturas, espazos interiores e zonas auxiliares

24/05/2026 | 10:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina preto de 200.000 € a un novo programa educativo para concienciar á comunidade escolar galega en materia de economía circular

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático adxudica o servizo para deseñar e desenvolver esta iniciativa pedagóxica durante o curso 2026-2027 co obxectivo de chegar a un total de 250 centros de educación primaria de toda Galicia