Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.172 novas da área temática Formación:

22/05/2026 | 10:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca as probas para obter ou renovar o certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada ou ferrocarril

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no prazo dun mes a partir de mañá e os exames celebraranse no mes de outubro deste ano

22/05/2026 | 09:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza unha nova edición dos Bonos Talento Empresa dotada con 2,2 M€ para impulsar formación de curta duración e á carta do tecido produtivo

O DOG publica hoxe unha nova edición destas achegas para a posta en marcha desta formación áxil e non regrada dirixida aos cadros de persoal das empresas coa novidade da suba en 200.000 € en relación ao orzamento anterior para responder á demanda

21/05/2026 | 10:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta de Galicia aposta pola formación para acadar persoas consumidoras máis informadas e responsables

José González pon en valor a colaboración coa Federación de Asociacións Universitarias Sénior (Fegaus), con Cáritas (Federadas de Galicia e Diocesana de Lugo), con Once Galicia e con Provivienda

20/05/2026 | 12:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca a aposta do Concello da Laracha pola formación no curso AFD de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais que conta cun apoio da Xunta de máis de 52.000 €

A nova convocatoria 2026-2027 destas formacións conta con 60 millóns de euros, ten o prazo aberto ata o 30 de novembro, e aposta por unha formación máis flexible, dual e conectada co mercado laboral

19/05/2026 | 14:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta gaba o Foro O Porriño Conecta Talento como un escaparate para coñecer as oportunidades formativas e profesionais

Os conselleiros de Educación e de Emprego visitan o evento, que conta con participación de centros educativos, empresas e administracións

16/05/2026 | 10:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca hoxe preto de 2.000 persoas en Silleda para realizar as probas de avaliación en competencias clave de nivel 2 e 3 de cualificación profesional 2026

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, achegouse hoxe ata o recinto feiral silledense, onde se celebra a 20ª convocatoria destas probas

15/05/2026 | 17:09 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta licita cun orzamento de 4M€ as obras de mellora da eficiencia enerxética do Centro Superior de Hostalería de Galicia

A actuación conlevará a remodelación do edificio de cociñas do centro e permitirá avanzar na estratexia de sostilibilidade

13/05/2026 | 17:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa o campus formativo de igualdade laboral cunha nova formación en Pontevedra sobre boas prácticas na retención e atracción de talento

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta tarde na inauguración desta actividade formativa impartida pola auditora laboral e especialista en materia de igualdade Catarina Capeáns