Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.497 novas da área temática Medio ambiente:

01/07/2026 | 10:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental con condicións ao Plan especial de protección do ensanche histórico de Vigo

O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé efectos ambientais significativos na zona de actuación, pero inclúe unha serie de condicións a cumprir con relación a determinadas cuestións

30/06/2026 | 18:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinará preto de 50.000 € á ampliación e mellora do parque canino de Porto Avieira, en Oroso

O Goberno galego executará os traballos, mentres que o Concello porá os terreos a disposición e se encargará do mantemento e conservación posterior das instalacións

27/06/2026 | 14:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avoga por un modelo de pesca sostible que conte co apoio do sector como elemento clave para a protección dos ecosistemas fluviais

Ángeles Vázquez pon en valor o traballo das entidades colaboradoras de pesca coa organización de accións formativas e divulgativas relacionadas con esta práctica deportiva que contribúen tamén á remuda xeracional do colectivo en Galicia

26/06/2026 | 15:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta culmina un esforzo investidor sen precedentes en Galicia logo de destinar preto de 26 M€ a accións de conservación e recuperación ambiental en 46 espazos naturais protexidos

Ángeles Vázquez salienta que se acadou un nivel de execución de case o 100% dos fondos europeos recibidos e que isto permitiu intervir nun total de 6.200 hectáreas, máis do dobre da superficie inicialmente prevista

26/06/2026 | 13:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta conciencia á veciñanza do Consorcio das Mariñas e da Mancomunidade Serra do Barbanza da importancia dunha correcta separación dos residuos en orixe para unha xestión máis eficiente e sostible

Ángeles Vázquez incide na importancia de formar á cidadanía sobre en que contedor vai cada residuo, sobre todo, cando se producen cambios no modelo de xestión

25/06/2026 | 14:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta a proba deportiva Tripla Coroa Illas Atlánticas como exemplo do equilibrio entre a protección e o uso sostible dos espazos naturais

Marisol Díaz indica que esta actividade suporá unha importante proxección da riqueza natural do Parque Nacional

25/06/2026 | 14:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez anima ás entidades galegas a optar aos Premios de Sostibilidade Empresarial da Xunta para poñer en valor a súa excelencia ambiental

Lembra que o prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 13 de xullo e que se poden presentar empresas adheridas ao Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Medioambientais (EMAS)

24/06/2026 | 11:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina case 80.000 € aos traballos para actualizar os datos de distribución e abundancia de tres especies de aves en diferentes zonas de Galicia

O obxecto do contrato, dividido en dous lotes e con vixencia ata o 31 de outubro do ano 2027, é acometer o estudo e seguimento do paspallás, o pombo e a rula

24/06/2026 | 09:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta instala 7 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación en distintos puntos do Rego de Pousadas, en Vilaboa

O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento