Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inaugura en Ribadavia o mercado ‘Artesanía, Saber e Sabor’ como punto de partida do proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas
José González convidou a gozar da ampla programación prevista para estes días en Ribadavia arredor dos produtos artesáns e alimentarios de calidade e sinalou que este mercado suporá un punto de inflexión na recuperación do tecido comercial da vila
María José Gómez enxalza o papel do Grupo Lence a prol do desenvolvemento do sector lácteo galego
A conselleira do Medio Rural participou hoxe no acto organizado con motivo do 50 aniversario desta empresa lucense, no que avanzou que a próxima semana farase o segundo pago das axudas correspondentes á campaña 2025 da PAC
A Xunta inicia en Santiago de Compostela un novo curso de especialización en marroquinería no marco do seu programa Aprender da tradición
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, acompañou os participantes do curso de Marroquinería fina. Bolso de man coa técnica retournée, impartido polo artesán Ezequiel Franchi, de Raíces Nómadas Atelier (Ribadeo)
A Xunta pon en valor o acendido do alumeado de Nadal de Ribadavia e a súa sinerxía co proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas
Na ponte de decembro a vila acollerá o mercado Artesanía, Saber e Sabor, que reunirá produtos artesáns e alimentarios de calidade, e en paralelo botará a andar o proxecto autonómico concibido para potenciar o comercio local, dinamizando baixos en desuso
A Xunta pecha en Chantada a primeira edición do seu Laboratorio de fibras vexetais fibranzas centrado na profesionalización e na remuda xeracional da cestería
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, pechou esta semana o último dos módulos deste curso, impulsado polo Goberno galego en colaboración co Espacio Vilaseco, Os Casares e a cesteira Idoia Cuesta
A Xunta e Craega promocionan os produtos ecolóxicos do mar entre o alumnado das universidades galegas
A conselleira do Mar resalta o liderado galego e a boa acollida que teñen estes alimentos nos mercados pola súa aposta pola sustentabilidade e calidade