Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.497 novas da área temática Medio ambiente:

23/06/2026 | 15:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo fai un chamamento á responsabilidade cidadá para celebrar unha noite de San Xoán segura e respectuosa con medio ambiente

A representante do Goberno galego subliñou que “celebrar a Noite de San Xoán de xeito sostible é coidar da natureza mentres gozamos da tradición” e lembrou que “se respectamos o espazo natural, poderemos seguir desfrutando desta noite máxica moitos anos máis”

23/06/2026 | 13:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Manuel Pardo anima a celebrar unha noite de San Xoán de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente

O delegado territorial da Xunta en Ourense presentou a campaña `Reciclar é coidar do San Xoán´, que inclúe un decálogo de consellos para celebrar a festa de San Xoán

23/06/2026 | 13:37 | C. do Mar

Villaverde define o Cetmar como unha ferramenta clave para o ”futuro azul” de Galicia

A conselleira do Mar reivindica o talento, a cooperación internacional e a protección ambiental para o impulso da actividade marítimo-pesqueira

23/06/2026 | 13:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez lembra que a mellor noite de San Xoán é aquela que non deixa pegada na contorna e anima a cidadanía a celebrar unha festa sostible

A campaña consiste nun decálogo de consellos sinxelos e prácticos a considerar tanto á hora de preparar a festa como na mesma celebración e cando remate

22/06/2026 | 18:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia celebra a aprobación do informe que conclúe que o estado de conservación do lobo é favorable tras un ano de atrancos por parte do Goberno central

Ángeles Vázquez salienta que o resultado confirma que o traballo feito polas comunidades neste eido foi correcto e axustado á realidade da especie pero lamenta o tempo perdido e que España se expuxera a unha sanción por dilatar o proceso

19/06/2026 | 15:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta a capacidade de sogama para tratar todos os residuos de Galicia e pon como exemplo a adhesión este ano dos nove concellos do Barbanza

María José Echevarría defende o modelo de xestión do lixo impulsado polo Goberno autonómico como o “máis seguro e eficiente” da Comunidade grazas ao investimento continuado na modernización da planta de Cerceda e da súa rede de infraestruturas

19/06/2026 | 11:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial en máis de 4,3 quilómetros do río Xunco, en Cervo

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante dez semanas e inclúen a retirada de árbores caídas das canles fluviais para evitar atoamentos

18/06/2026 | 19:32 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia no festival O Son do Camiño unha nova edición da iniciativa ‘Van polo Clima’ para concienciar á mocidade sobre o quecemento global

Ángeles Vázquez indica que o obxectivo deste ano é superar esa cifra e consolidar esta acción como unha nova fórmula de divulgación ambiental baseada na participación, no xogo e a interacción directa coa mocidade

18/06/2026 | 11:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta autoriza a instalación dunha planta solar fotovoltaica cunha potencia de 725 kw en Lalín

A resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático supón dar luz verde ao proxecto, promovido por Hidroeléctrica de Lalín S.L.