Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reafirma o seu apoio ao sector vitivinícola e aos viños de Valdeorras na XXVII Feira de exaltación deste produto
A conselleira do Medio Rural subliñou que apoiar o viño é apoiar o rural, o emprego e o futuro, e salientou que os viños de Valdeorras levan tempo situándose entre os máis recoñecidos nos grandes certames, onde se valora o traballo ben feito e a calidade
A Xunta impulsa a Festa da Rosa en Mos coa actuación de Cali & El Dandee, incluída nos concertos do Xacobeo
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na presentación da nova edición desta festa na que se inclúe o concerto do dúo colombiano o vindeiro 5 de xuño
Belén do Campo destaca a calidade e exclusividade do festival 'Noites do Porto' e pon en valor a colaboración da Xunta a través dos Concertos do Xacobeo
A delegada da Xunta salientou que iniciativas como esta “contribúen a proxectar a imaxe da Coruña como unha cidade viva, creativa e culturalmente dinámica”, ao tempo que favorecen a actividade económica e turística arredor da música en directo
O Centro Superior de Hostalería de Galicia celebra este sábado a gradación da primeira promoción do grao en xestión de empresas hostaleiras
O CSHG reforza o seu posicionamento como centro de referencia internacional cunha rede de 3.500 profesionais que traballan en 80 países
A Xunta promove o enoturismo esta fin de semana na Ribeira Sacra cunha nova edición da ‘Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos viños’
Haberá visitas guiadas ás adegas, desprazaranse os Buses do Viño dende as principais cidades galegas e ofreceranse unha ducia de actividades paralelas vinculadas á viticultura e a todos os recursos singulares da zona
A Xunta salienta o impulso á proxección internacional de Galicia que supón a nova conexión aérea entre Santiago e Nova York
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu ao acto inaugural da ruta que une Santiago de Compostela e a cidade estadounidense
A Xunta salienta o crecente impacto internacional da marca Galicia Calidade asociada ao turismo galego
O director de Turismo de Galicia participou na inauguración da xornada que reúne hoxe e mañá a numerosos profesionais do sector no Balneario de Lobios
A Xunta recupera a Fonte da Casa da Inquisición en Salvaterra de Miño para o seu impulso turístico
A intervención, que permitiu recuperar a construción, enmárcase nas liñas de recuperación do patrimonio cultural galego e de dinamización do rural
A Xunta convida ao sector turístico portugués a sumarse ao Xacobeo 2027
O director de Turismo de Galicia presentou ante máis de 100 profesionais as oportunidades desta cita para o que é o primeiro mercado internacional