Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 530 novas da área temática Portos:

18/07/2025 | 13:23 | C. do Mar

A Xunta de Galicia licita por 218.000 euros as obras da segunda fase da dragaxe do porto de Cariño

Os documentos e pregos do procedemento están dispoñibles desde hoxe na plataforma de Contratos de Galicia, no perfil do contratante, e na páxina web oficial de Portos de Galicia

18/07/2025 | 11:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén a aplicación das bonificacións do transporte público nos servizos marítimos da ría entre Vigo e o Morrazo, nos que viaxaron máis de 617.000 usuarios no primeiro semestre deste ano

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, comprobou o funcionamento do servizo no que a Xunta asume integramente o desconto do 40% debido a que o Estado o segue excluíndo dos descontos no transporte

17/07/2025 | 15:29 | C. do Mar

Portos de Galicia, o concello de Baiona e a Fundación Sabadell asinan o convenio para a mellora do peirao da Doca cun investimento de 422.750 euros

A actuación, á que a Xunta aportará 332.750 euros, incluirá o saneamento do peirao e reforzo da estrutura coa retirada da plataforma da explanada así como o pintado cunha imaxe artística

17/07/2025 | 14:56 | C. de Economía e Industria

Lorenzana salienta a contribución do porto de Vigo ás capacidades loxísticas e exportadoras de Galicia

Destaca que as conexións marítimas internacionais coas que conta son unha grande oportunidade para as empresas galegas, que poden situar as súas mercadorías en practicamente calquera lugar do mundo desde Vigo, posicionándose globalmente e a prezos altamente competitivos

13/07/2025 | 14:04 | C. do Mar

Aberto o prazo de solicitude das axudas para a creación e consolidación das OPP e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros

Dotadas con 400.000 euros, contribúen ao impulso do sector, xerando emprego e riqueza no marco dunha economía azul sostible

10/07/2025 | 20:15 | C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Rueda urxe ao comisario de Pesca solucións aos problemas da flota palangreira

O presidente da Xunta mantivo un encontro con Costas Kadis no que avaliaron asuntos como a necesaria revisión da Política Pesqueira Común (PPC) ou o veto á pesca de fondo en determinadas zonas

09/07/2025 | 18:03 | C. do Mar

A Xunta de Galicia investirá 1,3 millóns de euros nas obras de dragaxe dos portos de Barallobre, Miño e Pontedeume

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, anunciou nunha visita ao peirao eumés o inicio do procedemento de licitación dos traballos por parte de Portos de Galicia, que contan cun prazo de execución de 9 meses

08/07/2025 | 13:22 | C. do Mar

Alianza da Xunta e a Cooperativa de Armadores de Vigo para a realización de accións formativas co obxectivo de reforzar a capacitación dos tripulantes

A entidade viguesa é unha das principais beneficiarias da orde de axudas autonómicas, dotada de xeito bianual con 1,4 millóns de euros, que permitirá a realización dun total de 97 cursos ao longo deste ano