Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 721 novas da área temática Transporte:

20/10/2025 | 16:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
19/10/2025 | 10:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta proseguirá o luns os traballos de limpeza e roza nas marxes de oito estradas autonómicas ao seu paso por once municipios das catro provincias

Continuaranse con estas tarefas en vías de titularidade da Xunta nos seus distintos percorridos polos concellos de Carnota, Teo, Brión, Coristanco, Bóveda, Ourense, A Arnoia, Cortegada, Barro, Moaña e Cangas

17/10/2025 | 18:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incorpora o próximo luns dúas novas paradas de autobús nos lugares de Regoelle e As Touzas, en Dumbría, nos servizos que conectan con Cee en horarios de instituto

As dúas paradas engádense nun servizo ao día de ida e outro de volta na liña Muros-Cee durante a tempada lectiva para facilitar os desprazamentos á entrada e saída das clases 

17/10/2025 | 18:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta habilita unha nova parada de autobús no Empalme de Trasmonte, no concello de Oroso, para mellorar a conexión con Santiago e A Coruña

A parada comezará a funcionar a partir do próximo luns e beneficiará ás conexións interurbanas con Santiago, Ordes e A Coruña

17/10/2025 | 16:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
16/10/2025 | 16:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lembra ás empresas VTC que operan en Galicia as obrigas legais para prestar o servizo autorizado só entre municipios

A través dunha comunicación incide en que os vehículos non poden levar signos externos identificativos e que deben levar a bordo o contrato, ademais de realizar a comunicación do servizo prestado, entre outras esixencias legais

16/10/2025 | 13:53 | C. de Economía e Industria; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o transporte de mercadorías para contribuír á competetividade económica da comunidade

Diego Calvo reclama concrecións sobre o Plan Director do Corredor Atlántico de Mercadorías e esixe ao Goberno central avances en infraestruturas ferroviarias pendentes que afectan á conexión da provincia ourensá como a modernización das liñas Ourense–Monforte–Lugo, Vigo–Redondela–Guillarei–Ourense ou Ourense–Zamora

13/10/2025 | 12:35 | C. de Economía e Industria

O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación do ‘16º Salón do automóbil’

Manuel Pardo explicou que se desenvolverá no recinto feiral de Expourense a fin de semana do 17 ao 19 de outubro co ’Salón do Vehículo Novo’, e dende o 22 ao 24 de novembro co ‘Salón do Vehículo de Ocasión’

09/10/2025 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora o servizo de autobús para o alumnado de Camariñas que acode ao IES Terra de Soneira en Vimianzo

A partir do próximo luns, 13 de outubro, comezará a funcionar unha nova oferta que garantirá a conexión do alumnado residente en Camariñas co instituto vimiancés

08/10/2025 | 17:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reclama ao concello de Lugo que deixe a confrontación e asuma a xestión do aparcamento da avenida de Breogán para a posta a disposición da cidadanía

O Goberno galego lamenta que tras poñerse en contacto onte o Concello coa Dirección Xeral de Mobilidade e amosar “boa vontade” para a recepción do parking, hoxe o alcalde, Miguel Fernández, se faga “unha foto reivindicativa” nun recinto que actualmente aínda é de titularidade da Xunta