Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.449 novas da área temática Agricultura e gandería:

07/05/2026 | 14:50 | C. do Medio Rural

María José Gómez defende as oportunidades do rural galego grazas a un sector agroalimentario forte, competitivo e cada vez máis profesionalizado

A conselleira subliñou que o novo modelo económico do rural galego “que estamos construíndo” pasa por integrar toda a cadea de valor, desde a produción ata a transformación, a comercialización e a distribución

07/05/2026 | 11:51 | C. do Medio Rural

Medio Rural sitúa Galicia como un referente no sector primario no ámbito nacional e internacional

O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria participou na inauguración das xornadas técnicas de Fondos Agrícolas 2026, organizadas polo Fondo Español de Garantía Agraria

06/05/2026 | 16:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta afronta a fase final do proxecto europeo GIFT para incorporar ás políticas de paisaxe os resultados das dúas accións piloto que executa en Galicia

Enrique de Salvador explica que, por un lado, se traballa para restaurar corredores ecolóxicos en Curtis e por outro, na instalación de caixas de madeira con manto vexetal para mellorar os hábitats dos organismos que viven en árbores ocas

06/05/2026 | 15:11 | C. do Medio Rural

María José Gómez pon en valor o operativo de rescate das vacas que se precipitaron por un barranco no concello de Taboada

A conselleira do Medio Rural visitou hoxe a gandaría Cadahías de San Julián e trasladou o seu apoio aos gandeiros, que “viviron momentos complexos”

06/05/2026 | 14:46 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia Calidade certifica os viños da adega do Rosal Vía Atlántica

O director de Turismo fixo hoxe entrega do distintivo á adega na sede da empresa vitivinícola do grupo Méndez-Rojo

06/05/2026 | 11:25 | C. do Medio Rural

Medio Rural permite excepcións á prohibición de pastoreo en zonas afectadas polos incendios do pasado verán

A Consellería vén de publicar na súa web unha instrución na que se contemplan estas excepcións, recollidas na normativa vixente

05/05/2026 | 17:03 | C. do Medio Rural

Medio Rural inviste preto de 75.000 euros na creación dun pasteiro no concello de Muros

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias comprobou os traballos realizados no pasteiro de Santa Mariña de Esteiro, que abrangue unha superficie de 10,80 hectáreas

05/05/2026 | 15:12 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca que no 2025 a produción agoalimentaria galega de calidade acadou un valor de case 746 M€, un 5,6 % máis que o ano anterior

A conselleira do Medio Rural participou hoxe no acto de presentación do balance de actividade dos consellos reguladores das 35 denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vinculadas ao agro, a maiores da Agricultura Ecolóxica

05/05/2026 | 12:28 | C. do Medio Rural

Medio Rural flexibiliza os requisitos para os beneficiarios das campañas 2025 e 2026 da PAC afectados polos incendios forestais

O Diario Oficial de Galicia publica unha resolución a través da cal se recoñecen como forza maior as zonas afectadas polos lumes do verán pasado no relativo á xestión e o pagamento das axudas da PAC