Actualidade
Buscador de novas
Galicia lidera o Encontro estatal do Pacto das Alcaldías como comunidade referente en toda España en materia de acción climática local
Ángeles Vázquez destaca o labor realizado pola Xunta como coordinadora da iniciativa na Comunidade desde o ano 2017 e o elevado grao de implicación do municipalismo galego, con máis do 90% dos concellos adheridos e 260 plans de acción aprobados ata agora para impulsar iniciativas neste eido a nivel municipal
A Xunta emite o informe ambiental estratéxico do Plan básico municipal do concello lucense de Pantón
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático resolve que á vista da documentación presentada e das consultas realizadas o instrumento de ordenación non terá efectos significativos no medio ambiente pero deberán atenderse certas condicións
A Xunta traslada á Comisión Europea a singularidade do litoral galego co fin de defender á comunidade ante o impacto da reforma do Regulamento de Costas que promove o Goberno central
Ángeles Vázquez remitirá ás autoridades comunitarias unha serie de documentos nos que se dá conta das alegacións feitas desde Galicia ao anteproxecto normativo para que así coñezan de primeira man a realidade costeira da Comunidade e os efectos nela das modificacións propostas
A Xunta salienta a importancia da colaboración público-privada para optimizar a xestión da auga en Galicia e avanzar no eido da sostibilidade
Ángeles Vázquez lembra que a comunidade conta cunha rede de 30.000 quilómetros de río, unha orografía complexa e máis de 10.000 núcleos de poboación, o que fai que a xestión requira dunha planificación rigorosa e acorde ás súas particularidades
A Xunta e o concello de Pantón avalían a mellora do saneamento en varios núcleos da parroquia de Tuiriz, cun investimento previsto de arredor de 500.000 euros
Ángeles Vázquez informou ao rexedor de que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático emitiu o informe ambiental estratéxico (IAE) correspondente ao Plan básico municipal (PBM) do concello
A Xunta colabora na segunda campaña arqueolóxica nas Cíes que confirma a ocupación do Castro das Hortas desde a época castrexa ata a Idade Media
Grazas aos traballos desenvolvidos nas últimas semanas, o Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo constata a presenza dun importante asentamento humano previo á chegada dos romanos ás illas
A Xunta aposta por impulsar o consumo responsable e a reciclaxe coa celebración en Santiago da sexta edición do mercado circular do Tinglado
María José Echevarría explica que a iniciativa terá lugar no centro comercial Área Central a última fin de semana de maio, cun total de 80 expositores dispoñibles para vender todo tipo de produtos usados e poder darlles así unha segunda vida
A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto para ampliar unha planta de elaboración de produtos alimentarios conxelados na Pobra do Caramiñal
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada