Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.652 novas da área temática Economía:

18/09/2025 | 13:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca que o Retorna Cualifica Emprego xa promoveu a contratación dunhas 320 persoas de máis de 20 países en sectores como o agrogandeiro

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego apuntou nun encontro con gandeiros en Arzúa que esta iniciativa, enmarcada na Estratexia Galicia Retorna, busca fomentar o regreso de galegos e galegas e, ao tempo, cubrir vacantes

18/09/2025 | 13:27 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reclama desde Xapón ao Goberno a convocatoria das poxas de eólica mariña e o reforzo da rede eléctrica para que a enerxía producida poida chegar a fogares e industrias

Orix Corporation é un grupo empresarial que opera en España a través da súa filial Elawan Energy, con sede en Madrid e presente en 15 países de Europa e América, especializada en todo o ciclo de vida das renovables

17/09/2025 | 10:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta celebra o Día de Galicia na Expo de Osaka 2025 reivindicando a estabilidade e a eficiencia como o mellor aval do Goberno galego para atraer investimentos

“Hai unha cousa que nos une, e é o interese institucional tanto aquí, en Xapón, como en Galicia, por captar investimento estranxeiro”, subliña

16/09/2025 | 16:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina 168.000 euros a 13 restaurantes da provincia de Lugo para actuacións de modernización e mellora

O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que o obxectivo é consolidar unha oferta de calidade, que sexa referente da imaxe turística de Galicia

13/09/2025 | 14:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor na XV Xuntanza de centros galegos do sur de España a súa unidade e o seu compromiso coa nosa cultura

O secretario xeral da Emigración asistiu hoxe ao encontro, que reuniu en Puerto de Santa María a representantes dos centros galegos de Andalucía, Estremadura e Ceuta, reforzando os lazos culturais e asociativos entre as entidades

13/09/2025 | 10:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o obradoiro Artesanía Enxebre de Valdeorras como exemplo de emprendemento e garante da continuidade dos oficios tradicionais

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto co director de Turismo, Xosé Merelles, e o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou o obradoiro de Sarah-Jane Borcuk Cardoso e Lalo Gesteira Martíns, inscrito en Artesanía de Galicia

12/09/2025 | 14:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo anima aos establecementos a presentarse aos Premios Comercio Galego 2025 que poñen en valor o traballo destes profesionais claves na dinamización económica

A representante do Goberno autonómico lembrou que os establecementos interesados en optar aos premios poden presentar as súas candidaturas ata o próximo 26 de setembro