Actualidade
Buscador de novas
A Xunta dá luz verde ambiental a proxectos para o cambio de uso de solo forestal a agrícola de varias parcelas nos concellos de Salceda de Caselas e Arbo
As resolucións da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevén que estas iniciativas teñan impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta publica as axudas de 2026 para as agrupacións forestais de xestión conxunta dotadas con 2,1 M€, un 50 % máis que no ano anterior
As achegas buscan facilitar a creación de novas agrupacións, apoiar a consolidación das xa existentes, incrementar a superficie forestal xestionada de forma conxunta e mellorar a capacidade organizativa, técnica e comercial destas entidades
Belén do Campo anima ás empresas forestais a solicitar as novas axudas da Xunta que se publicarán nos próximos días por un importe de máis de 16M€
A delegada da Xunta visitou, esta mañá, dúas empresas do Concello de Frades que resultaron beneficiarias, o pasado ano, das liñas de axuda destinadas ao sector forestal
Medio Rural salienta o labor do viveiro de sementes a prol da reprodución forestal en Galicia
A directora xeral de Planificación Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, visitou hoxe as súas instalacións en Carballo, onde hai anos se veñen subministrando os recursos usados nas repoboacións nos montes galegos