Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Forestal:

29/01/2026 | 13:52 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia axudas para empresas do sector forestal-madeira que suman máis de 16 M€

Serán aprobadas no Consello da Xunta do vindeiro luns e son as tres principais ordes de axuda da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) para, entre outras cousas, maquinaria, acondicionamento de instalacións, tecnoloxías, certificacións ou formación

28/01/2026 | 15:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez celebra a aprobación da Lei do clima que consolida Galicia como referente na loita contra o quecemento global

Indica que esta nova norma contribuirá a que a Comunidade sexa neutra en emisións dez anos antes do que propón a Unión Europea

28/01/2026 | 15:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o compromiso do sector forestal galego na descarbonización dos procesos produtivos

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visita as instalacións da empresa Hijos de Vicente Suárez na localidade coruñesa de Outes, onde levan a cabo a reciclaxe da madeira procedente das bateas

22/01/2026 | 15:26 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza a súa colaboración co sector forestal a prol deste eido clave do rural galego

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, mantivo hoxe cadansúa reunión de traballo con representantes de Lugomadera e da Federación empresarial de serradeiros e rematantes de madeira de Galicia (Fearmaga)

22/01/2026 | 15:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta aborda coa Asociación Galega de Carpintería de Ribeira novas vías de colaboración para valorizar a construción naval tradicional en madeira

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visita en Rianxo (A Coruña) as instalacións de Astilleros Catoira e destaca a tradición como un piar fundamental para o desenvolvemento da innovación e a xeración de mercados de maior valor engadido para os recursos forestais

20/01/2026 | 14:45 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca a aposta da Xunta polo impulso da silvicultura produtiva de coníferas e frondosas cunha nova convocatoria de 15 M€ ata 2027

A conselleira do Medio Rural visitou hoxe a comunidade de montes veciñais en man común de Loureiro, beneficiaria destas axudas na convocatoria de 2024