Actualidad
Buscador de noticias
Gómez Caamaño destaca a colaboración entre a Xunta e o Concello de Vilanova de Arousa na mellora da asistencia sanitaria aos veciños ao destinar preto de 304.000 euros á reforma do centro de saúde
Tal e como establece o acordo asinado, cada administración, autonómica e a local, achegarán un 50 % do investimento
A conselleira Allegue avanza a licitación da renovación de beirarrúas e servizos urbanos da estrada OU-540 en San Cristóbal de Regodeigón, en Ribadavia
A actuación, que se licitará este ano, contará cun investimento de 1,16 M€ e permitirá renovar 1,1 quilómetros de beirarrúas e as redes municipais de abastecemento e saneamento
A Xunta achega 30.000 euros ao concello de Sober para renovar o alumeado público en oito núcleos
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explica que o proxecto inclúe a instalación de 83 novas luminarias de alta eficiencia enerxética nos Pacios, As Laxes, O Barrio, Vilastrille, A Pena de Proendos, Sober o Vello, Proendos e Vilela
Ana Ortiz cifra en 78 millóns os investimentos da Xunta bloqueados polo Concello de Vigo
A delegada da Xunta en Vigo alerta de cinco grandes proxectos do Goberno galego paralizados por decisión municipal
A Xunta e o Concello de Valga avalían vías de colaboración en materia de augas
Abordaron a situación da depuradora xeral da localidade, así como a necesidade de construír unha nova EDAR na contorna de Carracido
A Xunta ultima as obras de mellora da estación depuradora de augas residuais de Triacastela
Esta actuación, que supuxo un investimento de máis de 450.000 euros, permitirá dar servizo a unha poboación de 600 habitantes
A Xunta impulsa con case 120.000€ a mellora da eficiencia enerxética na Casa da Cultura de Boimorto
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou a instalación para coñecer as actuacións executadas no marco da Orde de subvencións para obras de eficiencia enerxética cofinanciadas con fondos Feder
A Xunta impulsa seis novos proxectos municipais de carácter estratéxico na provincia de Ourense cun investimento superior a 1,7 M€
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou o novo campo de fútbol municipal de herba artificial de Toén, que se inaugurou hoxe con varios equipos do concello
Preto dun milleiro de persoas aspirantes a Policía Local realizan hoxe os primeiros exercicios do proceso selectivo en Silleda
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, supervisou o desenvolvemento da proba