Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.670 novas da área temática Infraestruturas:

08/10/2025 | 10:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
07/10/2025 | 16:21 | C. de Economía e Industria

Lorenzana cualifica a construción do polígono de Fragamoreira, que podería comezar a finais de 2027, como unha obra prioritaria para a Xunta

O DOG publica hoxe o anuncio polo que se somete a información pública o Plan Estruturante de Ordenación de Solo Empresarial (Peose) deste parque, aprobado a semana pasada no Consello da Xunta

07/10/2025 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A demolición do Hotel de Pacientes do Chuac entra na súa recta final co acceso de maquinaria especializada

Rematados os traballos de derribo no interior do inmoble, a Xunta está a abordar os de demolición das fachadas e estrutura, co emprego de tres escavadoras con brazos articulados de ata 32 metros de largo

06/10/2025 | 14:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inxecta outros 7,2 M€ ás universidades de Santiago e Vigo para seguir avanzando na renovación dos seus edificios a través do Plan de infraestruturas

Calvo salienta que as achegas céntranse nas obras de construción da nova Facultade de Farmacia da capital de Galicia e do Edificio de Aeroespacial en Ourense

06/10/2025 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial da Xunta supervisa o estado das obras da senda do Barbaña na zona da Ponte Codesal, en Ourense

Manuel Pardo destacou que as actuacións adquiren unha gran relevancia porque non so dan continuidade á nova senda se non que serven para comunicar ambas marxes do rio co núcleo da cidade

06/10/2025 | 12:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo lamenta o retraso de ano e medio no inicio das obras de mellora da mobilidade peonil na estrada AC-840 en Oza-Cesuras pola falta da autorización de ADIF

A delegada agradeceu ao rexedor a súa disposición de facerse cargo da conservación e mantemento da obra que conta cun orzamento de 1,26 millóns de euros

05/10/2025 | 11:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 4 ofertas para a execución da mellora do viario que comunica co núcleo rural de Soutelo, en Manzaneda, licitada por preto de 158.000 €

As actuacións, ao abeiro do Plan Hurbe, consistirán na mellora do pavimento do camiño, das beirarrúas e da senda nunha estrada entre a parroquia de San Martiño e o núcleo de Manzaneda, ademais da revisión das redes pluviais e a dotación de zonas verdes

04/10/2025 | 12:32 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca que nos últimos catro anos a Xunta destinou 1 M€ euros a mellorar as escolas infantis da rede autonómica de Ourense

A conselleira de Política Social e Igualdade lembrou que o Executivo galego destinou só este verán 2M€ en toda Galicia á remodelación e creación de novos espazos para os nenos

04/10/2025 | 10:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 290.000 € as obras de recuperación de espazo para uso peonil no entorno da igrexa de Santa María de Sacos, en Cerdedo-Cotobade

As intervencións teñen como obxectivo habilitar un espazo para uso da veciñanza no entorno da igrexa, aumentando o espazo peonil existente coa creación dunha plataforma única e mellorando a eficiencia enerxética coa substitución das luminarias actuais