Actualidade
Buscador de novas
Rueda reivindica o papel de Galicia na vangarda da loita contra a violencia dixital co impulso da primeira Lei nacional neste eido
Destaca que a futura norma autonómica, na que xa se está a traballar para aprobala antes de que remate o ano, converterá á comunidade na “primeira en contar cun marco legal destas características en España e Europa”
López Campos destaca o compromiso da Xunta coa conservación dos bens eclesiásticos polo seu “alto valor artístico, cultural e histórico”
Salienta os convenios coas seis Dioceses galegas, nos que o Goberno galego leva investido 2,42 M€ desde 2019
Belén do Campo reúnese co presidente da Asociación Española contra o Cancro da Coruña para avanzar en novas liñas de colaboración coa entidade
A representante autonómica salientou que o Goberno galego mantén unha estreita colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, coa que coopera no impulso de diferentes plans de prevención, detección temperá e apoio ás persoas afectadas
O Servizo Galego de Saúde presenta na Mesa Sectorial a proposta de nova estrutura das áreas sanitarias destinada a reforzar a atención primaria
Todas as áreas sanitarias contarán cunha Dirección de Atención Primaria e Comunitaria que dependerá directamente da Xerencia, ao igual que a Dirección de Atención Hospitalaria e Integración Asistencial
A Consellería do Medio Rural impulsou a creación de dous pasteiros nos municipios do Irixo e Forcarei, con actuacións en case 40 hectáreas
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, José Balseiros, visitou hoxe os pasteiros do monte de Baxín, no Irixo, e o do Sixto en Forcarei, para os que se destinaron 153.460 e 177.518 euros, respectivamente
O alumnado da 18ª promoción de Policía Local da Agasp percorre o Camiño Portugués antes de comezar a formación práctica nos seus concellos
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, compartiu o final da etapa entre Armenteira e Vilanova de Arousa cos preto de 110 futuros axentes que se forman na Academia Galega de Seguridade Pública
Villares valora co alcalde do Corgo os apoios da Xunta para a mellora de dotacións e servizos no municipio
O delegado territorial de Lugo destacou, entre outros, o obradoiro dual de emprego iniciado recentemente ou a licitación en curso para o reforzo do firme dun tramo da estrada LU-546
A Xunta presenta ao CAIA a Lei de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas
O Goberno galego agradeceu as propostas construtivas presentadas polos membros deste Consello de cara a mellorar a situación da infancia e da adolescencia