Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 36.175 novas da área temática Áreas temáticas:

23/06/2026 | 15:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo fai un chamamento á responsabilidade cidadá para celebrar unha noite de San Xoán segura e respectuosa con medio ambiente

A representante do Goberno galego subliñou que “celebrar a Noite de San Xoán de xeito sostible é coidar da natureza mentres gozamos da tradición” e lembrou que “se respectamos o espazo natural, poderemos seguir desfrutando desta noite máxica moitos anos máis”

23/06/2026 | 15:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa a segunda fase da mellora da seguridade viaria na estrada LU-530 ao seu paso por Castelo, en Lugo

O delegado territorial, Alfonso Villares, comprobou a marcha dos traballos, que contemplan a implantación dun segundo paso de peóns e un novo tramo de senda peonil

23/06/2026 | 15:12 | C. do Medio Rural

Un total de 728 viticultores beneficiáronse das axudas da Xunta para a conservación paisaxística e loita contra a erosión de viñedos da Ribeira Sacra

A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG a resolución da última convocatoria destas axudas, dotadas con máis de 1,5 millóns de euros

23/06/2026 | 15:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Os Carunchos e Radio Cos encabezan a programación musical do XIII Corazón da Artesanía de Agolada impulsado pola Xunta

O día que comeza o evento —o venres 3 de xullo— actuarán a Charanga dos Pendellos e Comando Curuxás, mentres o sábado 4 Os Carunchos protagonizarán a sesión vermú, pola tarde haberá o pasarrúas de Bico da Balouta e á noite estará Mediarea

23/06/2026 | 15:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Arranca o obradoiro dual de emprego 'Mar de Santiago V' en Vilanova de Arousa

Esta iniciativa formará a un total de 20 persoas desempregadas nas especialidades de servizos de bar e cafetería e servizos de restaurante

23/06/2026 | 15:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta remite ás organizacións sindicais a proposta para a redución de ratios na etapa de secundaria

A Consellería de Educación vén de enviar a documentación que será abordada na Comisión Sectorial Docente que se celebrará o próximo día 30

23/06/2026 | 14:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a formación en financiamento europeo a través dunha nova edición do curso Teceuropa da Fundación Galicia Europa

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou a 24ª edición desta acción formativa que se desenvolverá en Bruxelas desde hoxe ata o xoves

23/06/2026 | 14:55 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta as agrupacións forestais de xestión conxunta como ferramentas útiles a prol dun monte sostible e fronte ao abandono

A conselleira María José Gómez visitou a agrupación de Moalde, en Silleda, e lembrou que a Xunta destina 2,1 M€ para a creación e consolidación deste tipo de entidades

23/06/2026 | 14:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez celebra que máis de 130 empresas e axentes de i+D+i se interesen polo proxecto para fabricar en Galicia un prototipo do CERN

Ata o 9 de xullo está aberta a consulta preliminar ao mercado para as compañías que queiran presentarse a un dos proxectos científicos máis ambiciosos a nivel mundial