Actualidade
Buscador de novas
A Xunta amplía o servizo entre o IES Eduardo Pondal de Ponteceso ata Laxe e Carballo
Facilítase o acceso en transporte público ao alumnado das ensinanzas non obrigatorias do centro, como os novos ciclos de Formación Profesional que se implantan o próximo curso
A Xunta adxudica por máis de 1,1 M€ as obras da mellora do firme en dúas estradas autonómicas da provincia de Lugo ao seu paso por Monterroso, Taboada e Palas de Rei
O contrato asinarase nos vindeiros días, e previsiblemente, a execución das obras comezará a principios do mes de setembro
A Xunta instala unha marquesiña para facilitar a mobilidade no rural do concello de Curtis
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, explicou na visita ao municipio que a actuación busca mellorar a seguridade viaria na estrada AC-231 e o fomento do transporte público
A Xunta lembra ao concello de Sada que a conexión coa Coruña conta con 92 servizos diarios a través dos corredores norte, central e sur
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, lembrou ao rexedor sadense que a reestruturación levada a cabo no corredor A Coruña-Mera-Sada para incorporar novas frecuencias e eliminar duplicidades só supuxo cambios en 11 servizos en horario de menor afluencia
A Xunta aborda coa empresa Alsa a importancia dun transporte público sostible e adaptado ás necesidades da poboación
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, reuniuse co director xeral de Alsa España, Víctor López
A Xunta informa do Plan de Transporte Público de Galicia á Generalitat Valenciana, interesada na súa implantación e desenvolvemento
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, reuniuse co seu homólogo en Valencia, o director xeral de Transportes e Loxística, Manuel Ríos
A Xunta habilita catro servizos directos de autobús co obxectivo de facilitar os desprazamentos a ‘Equiocio Ferrol 2024’
Crearase unha liña con catro expedicións, dúas de ida e dúas de volta, que funcionarán de xeito diario nos días do certame, do 1 ao 4 de agosto
A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Ferrol con 87 prazas de estacionamento
O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse a 781.500 euros
A Comisión Especial de Transporte Público en Vehículos de Turismo avanza na análise da ampliación de licenzas de taxi solicitada polo concello de Compostela
A directora xeral de Mobilidade presidiu hoxe a xuntanza deste organismo, que deberá emitir un informe preceptivo e non vinculante
A Xunta convoca as probas para obter ou renovar o certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada ou ferrocarril
As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no prazo dun mes a partir de mañá e os exames celebraranse na primeira quincena de novembro