Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo recibe ás meigas de San Xoán e pon en valor o seu papel como protagonistas da festa grande da Coruña
A representante do Goberno galego agradeceu o detalle recibido en recoñecemento ao seu labor institucional, e trasladou ás Meigas os seus mellores desexos para estes días de celebración
A Xunta reforza a coordinación institucional para mellorar a eficacia na loita contra os lumes na provincia da Coruña
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, presidiu hoxe a reunión do Comité Provincial da Coruña de Coordinación Policial contra os Incendios Forestais para a campaña de alto risco, na que tamén participou a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros
Villares e o alcalde do Incio analizan proxectos froito da colaboración entre a Xunta e o Concello
O delegado destaca as actuacións de mellora de infraestruturas rurais, así como o impulso dun novo obradoiro dual de emprego financiado polo Goberno galego e un campo de voluntariado enfocado á posta en valor do patrimonio cultural
Arranca o obradoiro dual de emprego Ulla-Umia nos concellos de Moraña, Portas e Valga
Esta iniciativa formará a un total de 20 persoas desempregadas nas especialidades de forestal e carpintería
Rueda anuncia a concesión das Medallas Castelao 2026 á Fundación Andrea, Esteban Batallán, Mar Capeáns, Adrián Ben e María Barallobre
Estes galardóns son un dos recoñecementos máis importantes que outorga a Comunidade
A Xunta traballa na recuperación dos servizos esenciais e infraestruturas viarias nas zonas de Lugo e Ourense máis afectadas polas chuvias do 17 de xuño
Alfonso Rueda anuncia que “esta mesma tarde” o Goberno galego convocará ás Deputacións de ambas provincias para realizar en conxunto “unha análise minuciosa dos danos e concretar as necesidades de reparación”
Galicia destinará 805 M€, un 20 % máis, para converter a biotecnoloxía galega nun referente internacional
Rueda destaca que o obxectivo é aumentar un 30% a facturación ata os 2.650 M€ e propiciar que o número de entidades e empresas activas acade as 200, un 23,5 % máis
Rueda anuncia que a Xunta recorrerá o real decreto sobre as zonas de aceleración de renovables por invadir competencias autonómicas
O Consello da Xunta aprobou hoxe a presentación dun recurso ante o Tribunal Constitucional despois de coñecer que o ditame preceptivo do Consello Consultivo de Galicia é favorable á viabilidade xurídica da iniciativa
A Xunta felicita a cuarta promoción do máster de FP dual en Intelixencia artificial e big data
A directora xeral de Formación Profesional participa na graduación de 19 estudantes no Instituto Fernando Wirtz Suárez da Coruña en colaboración con NTT Data