Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da área temática Igualdade:

28/06/2025 | 13:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia o festival ‘Celanova é orgullo 2025’, co que este concello conmemora o Día Internacional do Orgullo LGBTI

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou no acto de descubrimento da placa que o distingue como o primeiro ‘Pobo orgulloso de Galicia’

28/06/2025 | 11:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta participa na undécima edición do Camiño da Diversidade da Fundación Ingada

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañou aos participantes na saída da andaina

27/06/2025 | 16:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa o proxecto global ‘Historias LGBTI da Galicia orgullosa’ para visibilizar as vidas diversas que non quedaron rexistradas pero existiron

Será un espazo dixital colaborativo aberto á cidadanía que parte dunha selección de imaxes históricas e actuais para calquera persoa poida achegar fotografías e historias que axuden a construír un relato máis diverso e real da nosa historia

27/06/2025 | 10:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que Galicia inverteu a evolución demográfica dos últimos anos cun aumento da poboación

A comunidade galega superou as proxeccións establecidas polos organismos estatísticos oficiais superando a previsión marcada para 2025 en 120.000 habitantes máis

27/06/2025 | 09:50 | C. de Facenda e Administración Pública

Preto de 500 persoas optarán ás 19 prazas de emprego público para persoas con discapacidade intelectual

Un operativo formado por unhas 56 persoas encargarase de que o proceso selectivo se desenvolva de xeito correcto e con total seguridade

26/06/2025 | 18:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a formación para recoñecer e previr a violencia de xénero nos espazos de traballo a través do campus de igualdade laboral

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta tarde en Pontevedra na apertura do taller formativo A prevención e recoñecemento da violencia de xénero na contorna do traballo