Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.028 novas da área temática Emerxencias e interior:

20/06/2025 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por unha resposta eficaz ante as emerxencias a través do novo grupo de intervención en emerxencias sociais

O director xeral de Emerxencias e Interior participou no acto oficial para anunciar este novo equipo, que nace da colaboración do Goberno galego co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia e que se integrará nos efectivos de emerxencias de Galicia

18/06/2025 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
18/06/2025 | 11:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola prevención e a aplicación das novas tecnoloxías para mellorar a eficiencia ante as emerxencias

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo,  participou na inauguración do VII Congreso Internacional de Seguridade Industrial en Portos, centrado nesta edición na aplicación da intelixencia artificial á seguridade portuaria

17/06/2025 | 17:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta realiza a primeira xornada de probas de sirenas de aviso á poboación das presas de Galicia

O obxectivo é garantir a operatividade e que a poboación recoñeza o sinal acústico en caso de emerxencia

17/06/2025 | 13:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión técnica de Protección Civil homologa os plans de actuación municipal de varios concellos galegos

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu hoxe está xuntanza na que se homologaron os plans de actuacións fronte ao risco de inundacións dos concellos de Viveiro, A Pontenova, Sada e As Pontes, así como por rotura das presas de Vilagudín e San Cosmade do municipio de Cerceda 

15/06/2025 | 11:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta realiza martes e mércores probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 41 presas galegas

A medida non afectará á actividade diaria da veciñanza e servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de rotura

12/06/2025 | 20:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
12/06/2025 | 14:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Constituído o posto de mando avanzado que coordinará o dispositivo de seguridade de máis de 1.300 efectivos diarios durante ‘O Son do Camiño’

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou o Posto de Mando Avanzado habilitado no Monte do Gozo para garantir a seguridade das persoas asistentes aos concertos que se celebran desde hoxe ata o sábado

12/06/2025 | 11:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola formación dos axentes da agrupación de tráfico da Garda Civil na normativa relativa ao transporte

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participou na inauguración dunha xornada formativa sobre a inspección de VTC destinada a estes axentes