Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.466 novas da área temática Sanidade:

14/03/2026 | 11:01 | C. de Sanidade

A Xunta licita por preto de 300.000 euros a subministración de reactivos usados principalmente para estudos de compatibilidade en transplantes de órganos para o laboratorio de inmunoloxía de Vigo

A área de histocompatibilidade do laboratorio situado no Hospital Meixoeiro realiza tamén estudos de susceptibilidade de desenvolver patoloxías como celiaquía, artrite reumatoide ou diabetes

13/03/2026 | 18:16 | C. de Sanidade
13/03/2026 | 14:35 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o compromiso dos galardoados na primeira edición dos premios Faro por avanzar nun sistema de saúde pública máis forte, innovador e preparado para os retos futuros

Destaca que os galardóns recoñecen o traballo de todos aqueles que contribúen de maneira decisiva á prevención, á promoción de hábitos de vida saudable, á protección da saúde e a mellorar a calidade de vida da cidadanía

13/03/2026 | 12:52 | C. de Sanidade
13/03/2026 | 12:35 | C. de Sanidade

Gómez caamaño avanza a posta en marcha en Pontevedra dun proxecto pioneiro de cribado automático da retinopatía diabética apoiado en intelixencia artificial

O emprego da IA no diagnóstico da retinopatía diabética permitirá mellorar os seus tempos de diagnóstico e evitará derivacións innecesarias a oftalmoloxía

12/03/2026 | 19:33 | C. de Sanidade

Ana Ortiz salienta a importancia da doazón de órganos e o labor que realiza Adrovi

A delegada da Xunta participou nos actos organizados pola Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo con motivo do Día  Mundial do Ril

12/03/2026 | 17:35 | C. de Sanidade

O seguimento na quenda de tarde da folga de atención primaria acada o 3,78 % na Sanidade Pública Galega

En oito xornadas de folga, entre o luns 2 e o mércores 11 de marzo, suspendéronse 38.696 consultas en Galicia

12/03/2026 | 14:43 | C. do Medio Rural

A Xunta ofrece en Ourense unha charla informativa sobre a dermatose nodular contaxiosa

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias participou nesta xuntanza, que tivo lugar na Delegación da Xunta en Ourense

12/03/2026 | 14:34 | C. de Sanidade

A Xunta destaca a atención que presta o Servizo Galego de Saúde á mellora da calidade de vida dos pacientes de enfermidade renal

O Hospital Universitario Lucus Augusti desenvolve con éxito un programa de diálise a domicilio

12/03/2026 | 12:49 | C. de Sanidade

O Sergas incrementou en 2025 a actividade asistencial, acadando o máximo de cirurxías por segundo ano consecutivo pese ás folgas contra o estatuto marco que suspenderon máis de 1.000 intervencións

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, advirte de que, xunto co aumento da actividade, os datos reflicten o aumento dos tempos de espera como consecuencia das folgas contra o Estatuto Marco que promove o Goberno central