Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.739 novas da área temática Infraestruturas:

07/09/2025 | 11:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta imparte un curso sobre técnicas de construción industrializada para persoal da Administración Pública

A formación, que ten todas as prazas reservadas, busca dar a coñecer os beneficios das técnicas industrializadas aplicadas á construción e as diferentes metodoloxías de cara a xestionar este tipo de proxectos no sector público

07/09/2025 | 10:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 330.000 euros a execución das obras dunha senda peonil en Pazos, no concello de Ponteceso

O obxectivo da intervención é a construción dunha senda peonil en Pazos, na marxe esquerda da estrada AC-419, entre o punto quilométrico 2+990 e o 3+350

06/09/2025 | 12:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O vindeiro luns 8 restablecerase o tráfico no enlace da Ramallosa da autovía AG-59

Abrirase o tramo cortado entre o enlace dos Verxeles e o da Ramallosa con motivo das obras de prolongación da AG-59, e os vehículos utilizarán parte do tronco do novo treito construído e os ramais de entrada e saída que xa estaban en servizo antes do corte da autovía iniciado en xullo

05/09/2025 | 16:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 557.000€ as obras de mellora de espazos públicos en Muíños

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe esta licitación e establece un prazo de presentación de ofertas ata o 2 de outubro

05/09/2025 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
05/09/2025 | 11:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza en Ourense a atención directa á cidadanía afectada polos lumes e subliña as axudas abertas para o tecido autónomo e empresarial

José González explicou que o de Verín é un dos 11 puntos de atención dispoñibles en Ourense que ofrecen asistencia presencial co obxectivo de estar preto da cidadanía e garantir un apoio rápido, áxil e eficaz

05/09/2025 | 09:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 521.000 euros á renovación integral da cuberta do edificio xudicial de Lugo

A Plataforma de Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación da obra e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 1 de outubro  

03/09/2025 | 14:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reitera ao goberno central a petición de que baixe o IVE das obras educativas para mellorar as infraestruturas de máis centros

Esixe co-responsabilidade ao Goberno do Estado nun momento no que a maioría dos colexios e institutos están a cumprir medio século e precisan melloras

02/09/2025 | 17:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia os traballos de limpeza na Ponte Vella de Ourense

Os traballos consisten na retirada manual da vexetación nos paramentos e na limpeza das xuntas

02/09/2025 | 15:44 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta tende a man aos concellos afectados polos incendios para responder ás súas necesidades coa máxima axilidade a través das axudas para a reconstrución

As achegas do Goberno galego están exentas de tributación e as persoas beneficiarias poden solicitar na maioría das liñas anticipos do 100%