Actualidade
Buscador de novas
Gómez Caamaño convida aos médicos colexiados a participar no deseño do mellor modelo de atención sanitaria ante os reto da falta de profesionais e a oportunidade do avance tecnolóxico
Lembra o compromiso da Xunta para reformar a Lei de Saúde de Galicia coa fin de elevar ao máximo rango normativo a protección fronte ás agresións ao persoal da sanidade
Un equipo internacional e multidisciplinar de expertos asume a instalación dos equipos do Centro de Protonterapia de Galicia
A multinacional Iom Beam Applications (IBA) habilita unha oficina nas novas instalacións de Santiago de Compostela, onde traballan nove profesionais de diferentes perfís e nacionalidades para encargarse da instalación do equipamento
A Xunta adxudica por máis de 520.000 € o equipamento de distribución de comidas a pacientes do Hospital Público Novo Montecelo de Pontevedra
A previsión é atender 900 pacientes diarios e dar servizo á nova infraestrutura e ao actual hospital de Montecelo
Gómez Caamaño subliña que Galicia será a primeira comunidade en contar cun centro de protonterapia de carácter público
A previsión é que o sistema sanitario público galego atenda os primeiros pacientes no Centro de Protonterapia no último trimestre do vindeiro ano
O Servizo Galego de Saúde ten en marcha un plan de mellora estrutural do servizo de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago
O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, remarca no Parlamento que o complexo hospitalario conta cun plan de continxencia de urxencias como protocolo de actuación ante situacións de maior presión asistencial
O Servizo Galego de Saúde reivindica o seu compromiso co mantemento e mellora continua das infraestruturas sanitarias
Os técnicos do departamento sanitario da Xunta realizan avaliacións periódicas dos centros de saúde para comprobar se precisan dalgún tipo de mellora de tipo funcional ou estrutural
A Xunta publica o decreto que impulsa as unidades de farmacia e os depósitos de medicamentos en atención primaria
Actualízase a anterior normativa co fin de regular as unidades de farmacia e os depósitos de medicamentos nas estruturas de atención primaria
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue incide na importancia de doar despois da ponte festiva de novembro
A ADOS realiza esta semana máis de medio cento de campañas destinadas a incentivar a doazón entre á cidadanía, lembrando que, diariamente resulta preciso obter máis de 400 doazóns de sangue para manter estables as reservas dos distintos grupos sanguíneos
A Xunta avanza que o Servizo de Radioloxía do Hospital do Barco de Valdeorras se reforzará con máis profesionais e a adquisición dun novo mamógrafo
O conselleiro de Sanidade sinala que este centro da rede do Sergas conta cun novo radiólogo que leva traballando desde o pasado mes de outubro e coa expectativa de dotar ao hospital cun terceiro profesional en vindeiros chamamentos