Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.329 novas da área temática Administración pública:

21/06/2025 | 10:49 | A Presidencia da Xunta

Rueda salienta a importancia da colaboración entre Administración pública e o sector privado nunha reunión co presidente de Microsoft España

Traslada o seu interese de que a Xunta e a compañía continúen cooperando en proxectos clave para Galicia

20/06/2025 | 18:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta outorga ao concello de Santiso unha axuda de preto de 40.000 euros para instalar un xardín vertical en parte das fachadas do centro médico de Visantoña

As obras, que comezarán proximamente e cun prazo de execución de dous meses, inclúen a impermeabilización da fachada, o axardinamento vertical, a automatización do mecanismo de regado e a instalación dun sistema de recollida de augas

19/06/2025 | 22:33 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a marca Galicia Calidade como símbolo dunha comunidade fiable, auténtica e competitiva

Reivindica este premio como un recoñecemento a Galicia pola procura da excelencia en todos os ámbitos

19/06/2025 | 14:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co concello da Coruña a cesión de 4 parcelas e confirma que xa ten en marcha as licitacións das redaccións de proxectos para construír un cento de vivendas públicas, cun investimento autonómico de preto de 19 M€

Trátase dos proxectos para habilitar 58 VPP na parcela dos Rosais; 11 en Rei Abdullah, preto da praza Porticada; e  30 máis nas dúas parcelas de Pedro Fernández

19/06/2025 | 13:39 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis de 140 concellos solicitaron asesoramento sobre redes de telefonía e Internet á oficina creada hai 10 anos pola Xunta e os enxeñeiros de telecomunicacións

A Oficina Concellos leva dende 2014 informando e respondendo consultas dos municipios sobre a regulación das telecomunicacións e o seu despregamento, que son de competencia estatal

19/06/2025 | 13:02 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos chama á modernización das Administracións públicas para adaptarse ás necesidades e á evolución da sociedade

O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou na apertura do II Congreso UGT Servicios Públicos de Galicia, que ten como lema Afrontar os cambios

19/06/2025 | 11:09 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta convoca a segunda edición dos premios que recoñecen o labor dos Axentes TIC das aulas CeMIT para impulsar a capacitación dixital da sociedade galega

Os profesionais responsables das aulas poden presentar as súas candidaturas desde mañá, ata o vindeiro 18 de xullo

18/06/2025 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
18/06/2025 | 12:58 | C. do Mar

Villaverde destaca a bagaxe e talante dialogante dos novos directores xerais da Consellería do Mar

Tamén recordou que tanto Cándido Rial, agora ao fronte do departamento de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, como Ángeles Vázquez no de Desenvolvemento Pesqueiro, xa exerceron anteriores responsabilidades na Consellería

18/06/2025 | 12:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda reivindica en Vigo a acción urbanística da Xunta como motor de benestar e futuro

A urbanización do Polígono 2 comezará nos próximos días, unha vez adxudicadas as obras cun orzamento de 16,3 millóns