Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.081 novas da área temática Sanidade:

22/10/2025 | 15:24 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca a redución en máis de 14 días da espera para a consulta co especialista, que sitúa a Galicia en case 48 días menos que a media estatal

Sinala a comunidade como un exemplo de transparencia no ámbito das listas de espera hospitalarias, publicando máis información da establecida nos parámetros estatais e presentando os datos de maneira anticipada ao Ministerio de Sanidade

22/10/2025 | 15:09 | C. de Sanidade

A Xunta incrementará en 2026 en máis dun 11 % o orzamento destinado a programas de cribados, acadando os 3,17 M€

O conselleiro de Sanidade subliña que Galicia conta cunha rede propia de cribados, con indicadores de calidade e sistemas de información actualizados, garantindo un trato homoxéneo a todos os pacientes e un seguimento constante dos resultados

21/10/2025 | 17:33 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 24.000 euros a compra de 22 pulsioxímetros para o Programa galego de cribado neonatal de cardiopatías conxénitas críticas

O cribado de patoloxías conxénitas críticas forma parte do Programa galego para a detección precoz de enfermidades xenéticas, endocrinas e metabólicas, co obxectivo de mellorar o prognóstico e a calidade de vida dos recén nados

21/10/2025 | 12:59 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño avanza que a comarca de Barbanza contará cunha nova ambulancia medicalizada a partir de 2026

Destaca que os orzamentos da Xunta para o vindeiro año destinan máis de 900 M€  para a área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, o que supón un incremento do 7,3 %

20/10/2025 | 18:16 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destina máis de 50 M€ en actuacións clave nos concellos da comarca do Salnés e Ullán nuns orzamentos centrados na mellora da calidade das augas, a sanidade e a vivenda

O delegado territorial, Agustín Reguera, informa das contas para a comarca, que inclúen unha importante partida para o novo hospital de Vilagarcía, ademais de accións de saneamento e centros escolares.

20/10/2025 | 15:24 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

A Xunta declara 29 zonas farmacéuticas especiais para facilitar a viabilidade de boticas rurais e garantir o acceso da poboación a este servizo

A Consellería de Sanidade e os colexios oficiais de farmacéuticos de Galicia acordaron os criterios para identificar unha serie de localidades con características particulares de tipo xeográfico, demográfico e sanitario

20/10/2025 | 12:29 | C. de Sanidade

Máis de 220 profesionais da sanidade pública afondan na abordaxe da saúde perinatal e reprodutiva

A lactación materna, a saúde menstrual e a educación afectivo-sexual centran boa parte da temática do encontro organizado polo Servizo Galego de Saúde

20/10/2025 | 11:31 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica o nomeamento e adxudicación de destino definitivo no concurso-oposición e no concurso de méritos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario

Son nomeados 73 profesionais, 39 polo sistema concurso-oposición e 34 por concurso de méritos, en diversas en diversas categorías de persoal estatutario