Actualidade
Buscador de novas
A Xunta impulsa en Compostela a comercialización de Artesanía de Galicia e de Artesanía Alimentaria a través do mercado ‘Artesanamente’
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse ata a sede de Afundación, onde se celebra ata mañá este evento no que participan 25 obradoiros de Artesanía de Galicia e 23 empresas amparadas polo selo Artesanía Alimentaria
A Xunta anima ás pemes a optar a convocatoria Nexos, con 28 M€ para proxectos de I+D+i colaborativos
A directora da Axencia Galega de Innovación visita a empresa innovadora Kemegal Químicos para recordar que esta liña de axudas estará aberta ata o luns
Medio Rural destaca a importancia de dar visibilidade aos pequenos produtores agroalimentarios en mercados locais
A titular de Medio Rural reafirmou a aposta da Xunta pola “excelencia dos nosos produtos que sosteñen a marca Galicia Calidade” e por iso traballa para abrirlles todas as oportunidades posibles, como é o caso de participar en Artesanamente
A Xunta enxalza o 25º Encontro internacional de Torneiros da madeira de Xermade polo seu papel na posta en valor e recuperación deste oficio artesán
José González agradeceu á Asociación de amigos da madeira a organización deste evento que o Goberno galego leva apoiando desde o seu inicio, así como ao Concello de Xermade, impulsor da recuperación da antiga reitoría nun centro de tornaría
A Xunta apoia a 57 edición do Concurso de Gaitas de Ponteareas
A Fundación Artesanía de Galicia colabora como cada ano no Concurso Rexional de Gaitas do País a través dos instrumentos que se lle entregarán aos gañadores do certame e que están elaborados polos obradoiros artesanais Gaitas Gil e Sanín Percusión Tradicional
A Xunta destaca en Valdeorras o valor das axudas á dixitalización, innovación e sustentabilidade para fortalecer a competitividade do comercio local
O director xeral de Comercio e Consumo visitou recentemente distintos comercios no Barco de Valdeorras e na Rúa, onde estivo acompañado por representantes do tecido comercial e empresarial da comarca e onde puxo en valor estes apoios
A Xunta destina 168.000 euros a 13 restaurantes da provincia de Lugo para actuacións de modernización e mellora
O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que o obxectivo é consolidar unha oferta de calidade, que sexa referente da imaxe turística de Galicia