Actualidade
Buscador de novas
A Xunta entrega na Cañiza os premios da sexta campaña do programa 'Merca no teu comercio' en Pontevedra co gallo de impulsar o comercio local
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no acto que —ademais da Cañiza— implica os concellos de Covelo e Crecente
A Xunta reforza en Ourense a atención directa á cidadanía afectada polos lumes e subliña as axudas abertas para o tecido autónomo e empresarial
José González explicou que o de Verín é un dos 11 puntos de atención dispoñibles en Ourense que ofrecen asistencia presencial co obxectivo de estar preto da cidadanía e garantir un apoio rápido, áxil e eficaz
A Xunta beneficiou coas axudas deste ano para apoiar a dixitalización, innovación e sustentabilidade case o dobre de comercios e obradoiros artesáns ca en 2024
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, compareceu hoxe no Parlamento para facer balance destas axudas unificadas, poñendo de relevo que case se duplicou tamén o investimento con respecto ao ano pasado, roldando os 4 M€
A Xunta apela á colaboración público-privada e á implicación cidadá para fortalecer o comercio pontevedrés e os seus 11.000 establecementos
No marco do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, José González incidiu na necesidade de apoiar accións como esta na que o adestrador do RC Celta de Vigo, Claudio Giráldez, é quen insta ao consumo local no anuncio que se vén de presentar
A Xunta impulsa en Chantada as xornadas ‘Entrelazar’ centradas no oficio da cestería e na relación entre material, territorio e creación contemporánea
A Fundación Artesanía de Galicia organiza a 3ª edición deste encontro que se celebrará os días 27 e 28 de setembro en San Cristovo de Mouricios
A Xunta pon en valor a campaña ´O noso comercio é vida. Vive Ribadeo´ dentro das iniciativas extraordinarias de dinamización dos centros comerciais abertos
O director xeral de Comercio e Consumo participou hoxe na clausura desta campaña da Asociación de Comerciantes Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, no marco da iniciativa da Xunta O teu comercio local é extraordinario
A Xunta supera os 4.600 proxectos atendidos na Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que conta con 15 centros espallados polo territorio
En concreto, hai oficinas en Ferrol, Coristanco, Melide, Vilanova de Arousa, Silleda, O Porriño, Friol, Mondoñedo, A Fonsagrada, Sarria, Monforte de Lemos, Verín, O Carballiño, O Barco de Valdeorras e Baños de Molgas
A Xunta pon en marcha a sétima edición do programa ´Merca no teu comercio´ para impulsar o sector en novas localidades das catro provincias
Do 1 ao 15 de setembro desenvolverase esta acción dinamizadora nos concellos de Miño, Pontedeume, Poio, Meaño, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros, A Pobra de Trives, A Teixeira, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Parada de Sil e San Xoán de Río