Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.746 novas da área temática Emprego:

29/11/2025 | 21:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reafirma en Euskadi o seu apoio á irmandade de Centros Galegos no seu 40º aniversario

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto co gallo da efeméride, onde salientou que os centros galegos de Euskadi “son un exemplo de compromiso, de continuidade e de unidade, mantendo viva a cultura galega”

29/11/2025 | 14:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pecha en Chantada a primeira edición do seu Laboratorio de fibras vexetais fibranzas centrado na profesionalización e na remuda xeracional da cestería

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, pechou esta semana o último dos módulos deste curso, impulsado polo Goberno galego en colaboración co Espacio Vilaseco, Os Casares e a cesteira Idoia Cuesta

28/11/2025 | 16:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta rexeita por incongruente o ERTE para a planta de Sargadelos en Cervo e insta á reanudación inmediata da actividade en defensa dos traballadores

Como autoridade laboral, o Goberno galego aprecia incongruencia na solicitude presentada ao non axustarse á normativa aplicable e demanda información e documentación adicional á dirección da empresa

28/11/2025 | 14:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia a creación dunha rede de fomento do emprendemento baseada na colaboración público-privada

Hoxe asinouse un manifesto de vontades para crear esta nova plataforma ferramenta, que estará aberta a todo aquel que desexe adherirse no ámbito do ecosistema emprendedor galego

27/11/2025 | 18:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta cumpriu o seu compromiso con Sargadelos e insta á dirección a reanudar a actividade canto antes en defensa dos dereitos dos traballadores

Como autoridade laboral, o Goberno galego, como non pode ser doutro xeito, velará polo cumprimento da lexislación laboral e denunciará calquera ilegalidade

27/11/2025 | 12:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta está ultimando as obras da nova oficina de emprego de Vilalba, que contan cun investimento de 756.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se acondicionan dous locais de titularidade autonómica para ofrecer a traballadores e usuarios unhas instalacións modernas e eficientes

27/11/2025 | 12:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra mañá no mosteiro ourensán de Santo Estevo de Ribas de Sil o encontro Ultreia Galicia a prol do emprendemento ligado ao territorio

Como broche ao premio a Galicia como Rexión Emprendedora Europea 2025, 60 referentes internacionais, 30 empresas tractoras e un total superior aos 200 integrantes do ecosistema emprendedor participarán en diversos relatorios e mesas

25/11/2025 | 11:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta publica a nova convocatoria dos obradoiros duais de emprego reforzando as prácticas e incentivos á inserción laboral e cun eixo na prevención de lumes

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde 2026 desta iniciativa autonómica coa que se impulsará a empregabilidade da cidadanía da man das entidades locais e que contará cun orzamento de 48,1 M€