Actualidade
Buscador de novas
Galicia considera a revisión da PPC como unha oportunidade para a mellora e o crecemento do sector marítimo-pesqueiro
Así se recolle no Decálogo Estratéxico da Consellería do Mar, a través do que se reclama que a comunidade sexa considerada zona altamente dependente da pesca, o que implica que teña un trato diferenciado na toma de decisións europeas
A campaña GALICIA SABE AMAR divulga entre os alumnos do CEIP María Barbeito o mellor sabor das rías galegas e os beneficios que hai detrás do seu consumo
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou a foodtruck que recibiu aos estudantes deste centro educativo ao longo da mañá
A rexionalización da xestión pesqueira e o level playing field, principais retos de Galicia nas institucións europeas
No marco deste compromiso, Villares puxo en valor o carácter proactivo e innovador da Xunta, impulsando o Bono Peixe que, cun investimento de 2,5 M€, permitirá a mobilización de alomenos 10 M€ e un aforro dun 25% na compra de 50.000 galegos
A Xunta mellora a xestión do mexillón dende a análise en rocha á produción en criadeiros
O conselleiro do Mar participa na presentación desta iniciativa, incluída na estratexia da Consellería de garantir a sustentabilidade e o desenvolvemento do recurso
Mar e Amicos afondan na potenciación do traballo e da cultura mariñeira da ría de Arousa
Nunha nova reunión do comité que desenvolve este proxecto, coñecido como AAGORA, destinado á restauración dos océanos e augas para o 2030 nese territorio
Villares aborda co sector o estudo de novas medidas que permitan afondar na competitividade e sustentabilidade da actividade pesqueira en Galicia
O titular de Mar trasladou a máxima colaboración da Xunta no desenvolvemento de novas actuacións que permitan dar resposta ás necesidades actuais dos profesionais do mar
Villares reclama unidade a todas as forzas políticas para a exclusión das conservas de atún no Acordo de Libre Comercio entre a Unión Europea e Tailandia
O titular de Mar destaca que o país asiático, que é o principal produtor mundial, está sendo investigado por organismos internacionais por incumprir os convenios internacionais en materia de dereitos humanos, laborais e ambientais
Galicia avoga por situar a pesca e a acuicultura como piares centrais do Pacto Europeo dos Océanos
Nun evento no Comité Europeo das Rexións en Bruxelas, a directora do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, Rosa Chapela Pérez, defende que estes sectores son aliados esenciais para garantir o equilibrio e a sostibilidade dos mares
A Xunta amplía ata xuño a campaña extractiva da ostra rizada na modalidade a pé na Ría de Ares e Sada
Esta modificación, solicitada polo sector, está destinada ao mantemento desta especie no ámbito de distribución, permitindo obter un beneficio económico coa súa explotación