Actualidade
Buscador de novas
CETMAR colabora cos Grupos de Coordinación Rexional Europeos no deseño de ferramentas innovadoras para mellorar a xestión dos datos pesqueiros na UE
O desenvolvemento destes novos servizos tecnolóxicos lévase a cabo no marco do proxecto Secweb 2.0, financiado polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura
A Xunta e Vegalsa-Eroski levan as bondades do rodaballo a Laxe co programa educativo Capitán mareas dirixido á poboación escolar
O conselleiro do Mar asistiu á segunda acción promovida por esta iniciativa na que o alumnado puido participar nunha poxa ficticia na lonxa da localidade así como nun obradoiro de cociña saudable
Alfonso Villares destaca que o Bono Peixe permitirá mobilizar como mínimo 10 millóns de euros en consumo de produtos pesqueiros na comunidade
O conselleiro do Mar explicou que poderán adherirse a esta acción centros retail localizados en Galicia como prazas de abastos, peixerías, vendedores ambulantes así como supermercados e hipermercados
Galicia propón perante o Comisario de Pesca e o Ministerio unha reforma da PPC que se adapte ás necesidades do sector marítimo-pesqueiro galego
O titular de Mar fai valer a que é unhas das reivindicacións máis destacadas da frota galega: un cambio normativo para que a política comunitaria sexa máis social e máis adaptada a desafíos como o clima e o relevo xeracional
O DOG publica as axudas FEMPA para reforzar os recursos da pesca artesanal, cuxa convocatoria de 2025 supera os 5M€
Co obxectivo de que estas achegas cheguen ao maior número de pesquerías, e que supoñen un 7,4% máis que na edición anterior, os beneficiarios estarán exentos da presentación do aval ou garantía dos pagos a conta
Villares defende que a calidade e o sabor do berberecho galego sitúan a Galicia nun preferente produtor entre as comunidades costeiras de Europa
Destaca as posibilidades culinarias e nutritivas deste produto e pon en valor a súa actividade, liderada fundamentalmente por mulleres, e caracterizada polo uso de artes artesanais e sostibles co medio mariño
A Consellería do Mar pon a disposición das confrarías de pescadores da ría de Pontevedra a area do Lérez para a rexeneración dos bancos marisqueiros
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e o presidente de Portos de Galicia reuníronse cos patróns maiores do ámbito da dragaxe para expoñer a posibilidade de aproveitamento dos materiais de máis alta calidade
Mar e o IMM-CSIC, en colaboración coa Confraría de Cangas, afondan no estudo da inmunidade da ameixa rubia fronte a factores ambientais
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, asistiu á presentación deste proxecto, ao que a Xunta destina máis de 230.000 euros
A Xunta e a Fundación Nueva Pescanova impulsan a sostibilidade do sector marítimo-pesqueiro
O encontro, que conta cunha achega do Goberno galego de 60.000 euros, estará dirixido á medición da sustentabilidade dende a visión da cadea de valor, das institucións, do sector financieiro, das ONGs e dende a investigación