Actualidade
Buscador de novas
Máis de 800 deportistas daranse cita esta fin de semana en Narón no I Campionato do Mundo de Hip Hop Coreográfico que conta co apoio da Xunta
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na presentación do evento que reunirá os días 10 e 11 e maio no Pazo da Cultura a participantes de Bélxica, Bulgaria, Chipre, Francia, Suecia, Italia ou España
A Xunta impulsa a reforma da envolvente da fachada e cuberta do edificio da piscina de Oza-Cesuras cun investimento de máis de 48.000 euros
A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou o Concello para coñecer as accións realizadas ao abeiro do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local
A Xunta renova o seu apoio ao Salón Internacional do Cabalo ‘Equigal’, que se celebra do 2 ao 11 de maio en Lugo
O delegado territorial, Javier Arias, participou na presentación da 18ª edición, que incluirá o campionato nacional de salto de obstáculos, concursos morfolóxicos e actividades de iniciación á equitación nas que participarán uns 200 escolares
A Xunta colabora co XI Maratón de Mus ‘Muralla de Lugo’ que reunirá máis de 200 participantes
A Delegación Territorial acolleu hoxe a presentación do torneo, que se celebrará o 10 de maio e que organiza a asociación LugoMuseiros
O plan da Xunta ‘Adestra a túa Saúde’ bota a andar para os 25 primeiros concellos que se beneficiarán da mellora da calidade de vida da súa cidadanía
O Plan está dirixido a persoas inactivas, primordialmente maiores de 60 anos, sen unha patoloxía que supoña unha contraindicación absoluta para a práctica de exercicio e nos que a realización de actividade física represente un salto cualitativo na súa calidade de vida