Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudica as obras de construción do novo centro de saúde de Muíños por un importe de 1,2 M€
O Executivo galego duplicará a superficie do actual centro de saúde construíndo unha infraestrutura sanitaria que acadará os 459 metros cadrados
O Servizo Galego de Saúde publica as puntuacións definitivas da fase de oposición dos procesos para ingresar en sete categorías de persoal sanitario non facultativo e de xestión e servizos
Superaron a fase de oposición 1.013 aspirantes presentados aos exercicios
Gómez Caamaño avanza que o Hospital público da Coruña contará o vindeiro ano cunha nova resonancia magnética
Na súa visita ao Inibic, o conselleiro remarca que este centro captou o pasado ano preto de nove millóns de euros, que contribuíron á posta en marcha de máis de 100 estudos clínicos
Gómez Caamaño destaca que o proxecto Innovatrial dotará á Sanidade pública dunha plataforma única de ensaios clínicos ao servizo da mellor atención sanitaria
Resalta a utilidade á hora de optimizar a selección de pacientes para participar en ensaios clínicos
A Xunta iniciará en outubro o programa piloto de vacinación fronte á gripe por vía intranasal nos colexios que chegará a 19.000 nenos de 3 a 11 anos
Este programa pioneiro porase en marcha de forma progresiva a partir do 13 de outubro
A Xunta inmuniza nos hospitais os primeiros bebés da campaña fronte ao virus respiratorio sincitial, co obxectivo de reducir os ingresos de lactantes
Tamén hoxe comezan a ser citados bebés prematuros de menos de 12 meses e lactantes de menos de 24 meses con alto risco de enfermidade grave por este virus
A Xunta fomenta o uso responsable das novas tecnoloxías coa celebración dunha xornada de lecer dixital en familia
Establecer un equilibrio entre as actividades dixitais e o tempo en familia, facilitar a busca de contidos que acheguen valor ou definir unha pautas de conduta dixital son algunhas das finalidade que procura esta iniciativa
A Xunta inicia este luns a campaña de inmunización fronte ao virus respiratorio sincitial, que reduce as hospitalizacións de lactantes
Os bebés nados nos hospitais durante a campaña poderán ser protexidos fronte ao virus que provoca a bronquiolite
O 061 de Galicia asistiu preto de 2.000 persoas por accidentes de tráfico ao longo deste verán
Desde as 15,00 horas do venres 27 de xuño ata as 23,59 horas do 31 de agosto, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 1.852 chamadas relacionadas con sinistros na estrada que xeraron 1.427 asistencias sanitarias